Pedro Salinas
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Pedro Salinas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de novembro de 1891 |
Madrid | |
Falecemento | 4 de decembro de 1951 |
Boston | |
Soterrado | Santa María Magdalena de Pazzis Cemetery |
Nacionalidade | Colombia e España |
Alma máter | Instituto San Isidro e Universidade de Sevilla |
Ocupación | lingüista, poeta, escritor, tradutor e catedrático de universidade |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pedro Salinas y Serrano, nado en Madrid en 1891 e finado en Boston en 1951, foi un poeta español, membro da Xeración do 27.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutor en dereito e en letras, entre 1914 e 1917 foi lector de castelán na Sorbona, ao regresar a España ensina nas universidades de Sevilla, Murcia. En 1922 marcha para dar clases en Oxford e dende 1923 estará nos Estados Unidos, volverá en 1926 e colabora co Centro de Estudos Históricos que fundara Ramón Menéndez Pidal, en 1932 edita a revista literaria Índice Literario e en 1933 funda a Universidade Internacional de Santander, trala guerra civil española ten que se exiliar e traballa en numerosas universidades dos Estados Unidos e Porto Rico.
A obra poética de Salinas adoita dividirse en tres etapas. a inicial, a da plenitude e a do exilio:
A etapa inicial (1923-1932) está marcada pola influencia da poesía pura de Juan Ramón Jiménez e caracterízase pola idea de depuración e perfección poética e o protagonismo dos temas amorosos. Entre as obras desta etapa destacan Presagios (1923), Seguro azar (1929) e Fábula y signo (1931).
A etapa de plenitude abrangue ata 1939 e fórmana a trloxía amorosa La voz a ti debida (1933), Razón de amor (1936) e Largo lamento (1939).
A etapa do exilio está formada por El contemplado (1946), extenso poema no que dialoga co mar de San Juan de Puerto Rico; Todo más claro y otros poemas (1949) e a obra póstuma Confianza (1955), afirmación gozosa da realidade vivida.
Entre a súa obra narrativa destaca La bomba increible (1950), novela sobre os horrores da bomba atómica, e El desnudo impecable y otras narraciones (1951).