La Tierra Gallega (1915)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Tierra Gallega foi un semanario editado na Habana en 1915.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 11 de abril de 1915. Dirixido por Roberto Blanco Torres co pseudónimo de Fray Roblanto. Dedicado, en boa parte, a atacar a administración do Centro Gallego de La Habana, tiña por lema Programa: contra los farsantes e todas estas críticas e denuncias estaban subscritas por un grupo de jóvenes gallegos, artistas enamorados de su tierra, que se han propuesto trabajar con todo entusiasmo por la dignificación de los coterráneos. Incluíu información xeral de Galicia e colaboracións literarias. A maior parte estaba feito por Blanco Torres, excepto algúns artigos asinados por Abdón Rodríguez Santos. Só se publicaron cinco números.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]