Aleksandar Vučić
Aleksandar Vučić | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de marzo de 1970 |
Lugar de nacemento | Belgrado |
Nacionalidade | Serbia, República Federal Socialista de Iugoslavia, República Federal de Iugoslavia e Serbia e Montenegro |
Alma máter | University of Belgrade Faculty of Law e Zemun Gymnasium |
Ocupación | político, avogado, estadista e participante do fórum internacional |
Cónxuxe | Tamara Vučić |
Irmáns | Andrej Vučić |
Premios | Ordem de Alexandre Nevsky, Dostyk Order of grade I, Order of the Republika Srpska, honorary doctor of the Moscow State Institute of International Relations e Grand cross of the Order of the White Lion |
Na rede | |
https://vucic.rs/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aleksandar Vučić (cirílico serbio:Александар Вучић, pronunciado [aleksǎːndar ʋǔt͡ʃel͡ɕ]), nado en Belgrado o 5 de marzo de 1970, é un político serbio, primeiro ministro do seu país desde o 27 de abri de 2014[1] e presidente do Partido Progresista Serbio.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en dereito. Entrou en política como militante do Partido Radical Serbio co que logrou un escano na Asemblea Nacional en 1993. Dous anos despois o PRS elixiuno o seu secretario xeral. Vučić serviu como ministro de información desde 1998 a 2000. En 2004 concorreu ás eleccións municipais en Belgrado, logrando o 29% dos votos na primeira volta e o 48% na segunda, sen lograr a alcaldía. En 2008 durante unha crise interna do seu partido entre os partidarios dun entendemento coa Unión Europea e os sectores máis nacionalistas abandonou brevemente a política e aos poucos meses ingresou no Partido Progresista Serbio, formado polos disidentes proeuropeos do PRS e que quedou en primeiro lugar nas eleccións de 2012. Foi ministro de defensa entre 2012 a 2013, e viceprimeiro ministro primeiro de 2012 a 2014.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Asemblea Nacional de Serbia (ed.). "Detalji o narodnom poslaniku: Vučić, Aleksandar" (en serbio).