Anita Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnita Hill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Lone Tree, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMassachusetts Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónOklahoma State University–Stillwater (en) Traducir
Yale Law School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , activista polos dereitos das mulleres , avogada , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Brandeis
Universidade de California en Berkeley
University of Oklahoma College of Law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0384043 Musicbrainz: 61463ad5-b727-4d56-a209-74ed55c0eeae WikiTree: Hill-48076 Editar o valor em Wikidata

Anita Faye Hill, nada en Lone Tree, Oklahoma o 30 de xullo de 1956, é unha profesora da Universidade de Brandeis (Waltham, Massachusetts), avogada e activista coñecida porque en 1991 acusou o candidato á Corte Suprema dos Estados Unidos, Clarence Thomas, de acosala sexualmente mentres era o seu supervisor na EEOC (Equal Employement Opportunity Commission) na década dos 80. A utilización durante o xuízo do concepto "acoso sexual" significou o dar a coñecer e popularizar un termo que dende mediados dos 70 xurdiu nos círculos do movemento feminista radical.[1]

Xuízo contra Clarence Thomas[editar | editar a fonte]

O presidente naquel entón de Estados Unidos, George H. W. Bush, propuxo ó xuíz Clarence Thomas como nomeado á Corte Suprema en 1991. Este nomeamento trouxo diversas críticas debido a que Hill acusou ese mesmo ano a Thomas de acoso sexual. Nas audiencias de confirmación ó Senado de Thomas, Hill testificou que Thomas fixéralle achegamentos de índole sexual non desexados mentres el era o seu supervisor da EEOC na década de 1980.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Nese momento, a activista afroamericana viuse exposta a toda clase de críticas. Porén, un ano despois, en 1992, produciuse un aumento do número de norteamericanos que crían no seu testemuño. Isto serviu para levar o tema do acoso sexual á atención pública, provocando unha metamorfose nas relacións entre homes e mulleres no eido laboral. Aínda que non logrou frear a confirmación de Thomas como membro do máximo tribunal de xustiza dos Estados Unidos, o caso de Anita Hill serviu para destapar outros escándalos de abusos sexuais como o que concluíu coa destitución do secretario da Mariña dos Estados Unidos en xullo de 1992 tras investigarse que algunhas mulleres militares da Armada foron humilladas polos seus compañeiros durante unha Convención nas Vegas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. In Our Time: Memoir of a Revolution (en inglés). 
  2. "La herencia de Anita Hill".