Volodymyr Zelenskyi
Volodymyr Zelenskyi | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Зелёный e Зеля |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1978 |
Lugar de nacemento | Kryvyi Rih |
Nacionalidade | Ucraína e Unión Soviética |
Etnia | Ukrainian Jews |
Alma máter | Kryvyi Rih Institute of Economics e Kyiv National Economic University named after Vadym Hetman |
Ocupación | guionista, xurista, humorista, presentador, produtor de cinema, cantante, actor, presentador de televisión, produtor de televisión, humorista, entertainer, político, showman, cineasta, KVN actor, militar, participante do fórum internacional e imitador |
Pai | Oleksandr Zelenskyy |
Nai | Rimma Zelenska |
Cónxuxe | Olena Zelenska |
Fillos | Kyrylo Zelenskyi e Oleksandra Zelenska |
Coñecido por | Servo do Povo |
Premios | Honorary Diploma of the Cabinet of Ministers of Ukraine, Teletriumph, Ronald Reagan Freedom Award, Grand cross of the Order of the White Lion, gran cruz e colar da orde de Vytautas O Grande, State Award of Alexander Dubček, Coat of Arms of Tallinn, Financial Times Person of the Year e Persoa de Ano da revista Time |
Na rede | |
https://www.president.gov.ua e https://ze2019.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Volodymyr Oleksandrovych Zelenskyi[1] (en ucraíno: Володимир Олександрович Зеленський; en ruso: Владимир Александрович Зеленский) nado en Krivoi Roh o 25 de xaneiro de 1978, é un político, guionista, actor, comediante e produtor/director cinematográfico ucraíno, actual presidente de Ucraína desde 2019, sendo o 6.º presidente desta república.[2] Zelenskyi fíxose popular no seu país por interpretar o personaxe principal dunha serie de TV.[3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido no sueste de Ucraína, Zelenskyi é fillo de pais xudeus.[5] Estudou na Universidade Nacional Económica de Kíiv, onde se graduou en Dereito. No entanto, nunca exerceu actividades no campo xurídico.[6][7] Iniciou a súa carreira artística aos 17 anos, nun concurso de comedia. Fíxose coñecido entre os ucraínos ao estabelecer e liderar a empresa "Kvartal 95".[8][9] En 2015, Zelenski fíxose moi popular pola serie de televisión Servo do Pobo, na cal interpretou o papel de presidente de Ucraína.[10][11] Zelenski foi un dos actores do programa cómico "Kiev á tarde", obtendo popularidade a partir da mesma. Vladimir satirizaba a realidade ucraína e o ultranacionalismo ucraíno, pois defendía que Ucraína era un país multilingüe, e apoiaba a protección da lingua rusa (moi falada no leste do país) e doutras linguas minoritarias do oeste. A pesar deste apoio, Vladimir, nunha das súas actuacións apoiou o exército ucraíno, dicindo: "Grazas por defendernos destes diabos".[12][13]
Zelenski apoiou o movemento Euromaidan e o exército ucraíno durante a guerra cos rebeldes pro-Rusia no leste do país.[14] O 31 de decembro de 2018, anunciou a súa candidatura á presidencia de Ucraína. Durante a campaña presentou un discurso de renovación e anticorrupción.[15][16] A súa ascendencia nas enquisas foi froito do rexeitamento cara ás elites e aos políticos, vistos por boa parte da poboación como incapaces de superar as dificultades económicas e os escándalos de corrupción.[17][18][19][20] Na primeira volta das eleccións presidenciais de 2019, o 31 de marzo, recibiu o 30% dos votos - sendo o candidato máis votado -, contra o 16% de Petro Poroshenko, o presidente entón en exercicio - e 13% de Yuliia Tymoshenko.[21] Zelenski e Poroshenko pasaron á segunda volta, realizada o 21 de abril de 2019, e Zelenskyi acabou sendo facilmente elixido na mesma, recibindo o 73% dos votos.[22][23][24]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Zelenski e Poroshenko disputarão 2º turno na Ucrânia, segundo pesquisas". 31 de março de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "Зеленський Володимир Олександрович". 2019. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Roman Olearchyk (2019). "Volodymyr Zelensky on track to win first round in Ukraine poll". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Andrea Kannapell e Hiroko Masuike (1 de abril de 2019). "Security Clearances, Nipsey Hussle, April Fools’: Your Monday Evening Briefing". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Eldad Beck (31 de março de 2019). "Jewish Ukrainian actor leads country's presidential race". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "VLADIMIR ZELENSKIY". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "Russian millions and oligarch Kolomoisky: Secrets of Ukraine's wannabe prez Zelensky". 26 de fevereiro de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Owen Matthews (28 de março de 2019). "In Ukraine’s presidential elections, life is imitating Netflix". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "Vladimir Zelensky: a small, but very charismatic artist with a unique voice". 14 de dezembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Annabelle Timsit (29 de março de 2019). "A comedian who played the president on TV could become Ukraine’s actual president". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Andrew E. Kramer (16 de março de 2019). "He Played a President on Ukrainian TV. Now He Wants the Real Thing.". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "Зеленський представив свою команду".
- ↑ "Зеленский — назвал ополченцев и тех кто их поддерживает мразью".
- ↑ "Зеленський заявив про рішення йти у президенти (відео)". 1 de janeiro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "Comediante lidera votação à presidência da Ucrânia". 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ Melanie G. Mierzejewski-Voznyak (26 de março de 2019). "Ukraine's Presidential Election and the Future of its Foreign Policy". Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "Comediante vence 1º turno da eleição presidencial na Ucrânia". 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ Igor Gielow (29 de março de 2019). "Onda antipolítica leva humorista a ser o favorito à presidência da Ucrânia". Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "Comediante lidera pesquisa eleitoral para presidente da Ucrânia". 8 de fevereiro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ Nadjejda Vicente (29 de março de 2019). "Ucranianos vão às urnas para escolher entre velha e nova política". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "Ukraine election: Comedian leads presidential contest". 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "Comediante Volodymyr Zelenskiy é eleito presidente da Ucrânia". 21 de abril de 2019. Consultado o 21 de abril de 2019.
- ↑ Yuliya Talmazan (1 de abril de 2019). "Comedian Volodymyr Zelensky leads Ukraine's presidential vote". Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ Nathan Hodge, Anna-Maja Rappard e Jack Guy (1 de abril de 2019). "Comedian Volodymyr Zelensky takes big lead in Ukraine elections". Consultado o 2 de abril de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volodymyr Zelenskyi ![]() |