Saltar ao contido

Asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América de 2021

Asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América de 2021
Protestas polas eleccións dos Estados Unidos de 2020-2021 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Aspecto de
 Obxectivo
 Obxectivo
 En oposición a
 Causado por
Datas
 Data
6 de xaneiro de 2021 Editar o valor en Wikidata
 Período
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Implicados
 Persoas relevantes
 Organizador/a
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Perpetradores
 2.000 Editar o valor en Wikidata
 Feridos
 50 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
 5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América foi un tumulto e ataque violento contra o 117.º Congreso do Capitolio dos Estados Unidos que ocorreu o 6 de xaneiro de 2021. Como parte das protestas de 2020–21 polas eleccións presidenciais, foi levado a cabo por unha recua de seguidores de Donald Trump, o 45º presidente dos Estados Unidos de América, nun intento marrado por reverter a súa derrota nas eleccións presidenciais de 2020.[1] O asalto rematou coa evacuación e o peche do Capitolio e provocou cinco mortes.

Motivados á acción por Trump,[2] milleiros[3] dos seus seguidores reuníronse en Washington, D.C. o 5 e o 6 de xaneiro en apoio da súa falsa reclamación dunha fraude electoral en 2020,[4] segundo a cal pedía que o vicepresidente Mike Pence e o Congreso rexeitasen a vitoria de Joe Biden.[5] Na mañá do 6 de xaneiro, nun mitin de "Save America" en the Ellipse, Trump repetiu as afirmacións falsas de irregularidades electorais[6] e instou á multitude a "loitar coma o inferno" ("fight like hell").[7]:01:11:44 A instancias do presidente,[8] milleiros de manifestantes camiñaron ata o Capitolio, onde unha sesión conxunta do Congreso estaba comenzando o reconto de votos do Colexio Electoral para formalizar a vitoria de Biden.

A multitude congregada no Capitolio, algúns dos cales xa se reuniran antes, violaron os perímetros da policía e irromperon no edificio.[9][10] Estes alborotadores ocuparon, esnaquizaron e saquearon[11] partes do edificio durante varias horas.[12] Moitos deles volvéronse violentos, agredindo a oficiais de policía e xornalistas do Capitolio, erixindo unha forca nos terreos do Capitolio, e tentando localizar lexisladores para tomalos como reféns e atacalos. Cantaron "Hang Mike Pence" (colgade e Mike Pence),[13] culpándoo por non rexeitar os votos do Colexio Electoral, aínda que carecía da autoridade constitucional para facelo.[14] Os asaltantes dirixiron os seus ataques á presidenta da Cámara de Representantes Nancy Pelosi,[15][16] vandalizando e saqueando[17] as súas oficinas, así como as doutros membros do Congreso.[18]

  1. Reeves, Jay; Mascaro, Lisa; Woodward, Calvin (11 de xaneiro de 2021). "Capitol assault a more sinister attack than first appeared". Associated Press. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
  2. Barry, Dan; Frenkel, Sheera (7 de xaneiro de 2021). "'Be There. Will Be Wild!': Trump All but Circled the Date". The New York Times. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
  3. Doig, Steve. "It is difficult, if not impossible, to estimate the size of the crowd that stormed Capitol Hill". The Conversation. Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
  4. Higgins, Andrew (10 de xaneiro de 2021). "The Art of the Lie? The Bigger the Better – Lying as a political tool is hardly new. But a readiness, even enthusiasm, to be deceived has become a driving force in politics around the world, most recently in the United States.". The New York Times. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
  5. Múltiples fontes:
  6. Múltiples fontes:
  7. "Trump's 1/6/2021 Speech". 6 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 02 de febreiro de 2021.
  8. Jacobo, Julia. "This is what Trump told supporters before many stormed Capitol Hill.". ABC News. Consultado o 10 de xaneiro de 2021. We have come to demand that Congress do the right thing and only count the electors who have been lawfully slated. Lawfully slated. I know that everyone here will soon be marching over to the Capitol building to peacefully and patriotically make your voices heard. Today, we will see whether Republicans stand strong for integrity of our elections. But whether or not they stand strong for our country, our country. Our country has been under siege for a long time. Far longer than this four year period.
  9. Bennet, Dalton; Brown, Emma; Cahlan, Sarah; Sohuyn Lee, Joyce; Kelly, Meg; Samuels, Elyse; Swaine, Jon (16 de xaneiro de 2021). "41 minutes of fear: A video timeline from inside the Capitol siege". The Washington Post. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
  10. Barrett, Ted; Raju, Manu; Nickeas, Peter (6 de xaneiro de 2021). "Pro-Trump mob storms US Capitol as armed standoff takes place outside House chamber". CNN. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
  11. "Vandalized": "Looted":
  12. Múltiples fontes:
  13. Evon, Dan. "Was 'Hang Mike Pence' Chanted at Capitol Riot?". Snopes. Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
  14. Polantz, Katelyn (15 de xaneiro de 2021). "US says Capitol rioters intended to 'capture and assassinate' elected officials". CNN. Consultado o 15 de xaneiro de 2021.
  15. Feis, Aaron (17 de xaneiro de 2021). "Capitol riot seen in new shocking footage like never before". New York Post. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
  16. Betz, Bradford (17 de xaneiro de 2021). "New video shows MAGA mob rifling through paperwork in Senate chamber as they hunt down Nancy Pelosi". Fox News. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
  17. Rosenberg, Matthew (7 de xaneiro de 2021). "He looted Speaker Pelosi's office, and then bragged about it." vía NYTimes.com.
  18. Múltiples fontes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]