John Kerry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Kerry
John Kerry official Secretary of State portrait.jpg
Nome completoJohn Forbes Kerry
Nacemento11 de decembro de 1943
Lugar de nacementoAurora, Colorado
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIgrexa católica
Alma máterYale College, Boston College Law School, St. Paul's School, Universidade Yale, Fessenden School, St. Albans School e Jonathan Edwards College
Ocupaciónpolítico, oficial da armada, avogado, diplomático, aviador e activista pola paz
PaiRichard Kerry
NaiRosemary Forbes Kerry
CónxuxeTeresa Heinz Kerry e Julia Thorne
FillosVanessa Kerry e Alexandra Kerry
IrmánsCameron Kerry
PremiosEstrela de Prata, Estrela de Bronze, Purple Heart, grande oficial da Lexión de Honor, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha e Medalha da Paz Otto Hahn
Na rede
http://www.johnkerry.com/
IMDB: nm0449902 Allocine: 790073 Rottentomatoes: celebrity/1158016-john_kerry Allmovie: p369975
Twitter: JohnKerry Musicbrainz: 9ee78ae7-cbeb-4abf-bf00-77319c376d05 WikiTree: Kerry-15 Editar o valor em Wikidata
John Kerry Signature2.svg
editar datos en Wikidata ]

John Forbes Kerry, nado en Aurora (Colorado) o 11 de decembro de 1943,[1] é un político estadounidense. Foi Secretario de Estado dos EEUU, antigo senador de Massachusetts e candidato demócrata á presidencia en 2004, que perdeu ante George W. Bush. Serviu no Senado durante 23 anos e tamén foi vicegobernador de Massachusetts con Michael Dukakis.

En novembro de 2020, o entón presidente electo Joe Biden nomeou a Kerry enviado presidencial especial dos Estados Unidos para o Clima.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Unha das primeiras imaxes de Kerry no Senado

Kerry naceu en 1943 no Fitzsimons Army Medical Center en Aurora, Colorado. O seu pai era un oficial da Forza Aérea do Exército dos Estados Unidos. Estudou na Universidade de Yale e na Facultade de Dereito do Boston College. Foi criado como católico romano polo seu pai católico e nai episcopal.[3]

En 2003 Felix Gundacker, xenealoxista[4] que traballaba co Boston Globe, publicou que os avós paternos de Kerry naceran xudeus, como "Fritz Kohn e Ida Löwe", no Imperio Austrohúngaro, e cambiaron os seus nomes a "Frederick e Ida Kerry" en 1900, converténdose do xudaísmo ao catolicismo.[5]

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1968 e 1969, Kerry era un oficial da Mariña dos Estados Unidos en Vietnam. Durante a campaña de reelección de Obama de 2012, Kerry participou nun ensaio de debate, suplantando o candidato republicano Mitt Romney.[6]

O candidato á vicepresidencia de Kerry foi John Edwards. Perderon as eleccións ante George W. Bush e Dick Cheney. Unha das razóns polas que Kerry perdeu é porque a xente dicía que era un elitista que non entendía á maioría dos estadounidenses) e tamén porque un grupo chamado "Swift Boat Veterans for Truth" atacou o seu servizo en Vietnam.

En novembro de 2006, Kerry pediu desculpas após dicir que os estudantes universitarios necesitaban estudar moito ou, se non, "ficarían atrapados en Iraq".[1]

Secretario de Estado[editar | editar a fonte]

O 21 de decembro de 2012, o presidente Barack Obama nomeou a Kerry para suceder a Hillary Clinton na Secretaría de Estado.[7][8][9] Kerry gañou a confirmación polo Senado o 29 de xaneiro de 2012 nunha votación de 94 a 3.[10][11] Asumiu o cargo o 1 de febreiro de 2013.

John Kerry xurou como Secretario de Estado pola Xustiza Elena Kagan, o 1 de febreiro de 2013

Nunha carta ao gobernador de Massachusetts Deval Patrick, Kerry anunciou a súa renuncia ao Senado a partir do 1 de febreiro.[12] Kerry xurou como Secretario de Estado o 1 de febreiro de 2013.[13]

Enviado Especial para o Cambio Climático[editar | editar a fonte]

O 23 de novembro de 2020, o presidente electo Joe Biden anunciou que Kerry servirá como enviado presidencial especial dos Estados Unidos para o cambio climático na administración Biden.[14] Xurou o cargo o 20 de xaneiro de 2021, o mesmo día en que Biden foi investido presidente.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Julia Thorne desde 1970 até que se divorciaron en 1988. Despois en 1995, casou con Teresa Heinz en Nantucket, Massachusetts.[15] Ten dúas fillas do primeiro matrimonio e tres fillastros, do segundo. Agora vive en Boston, Massachusetts. Kerry e o seu antigo competidor George W. Bush comparten un antepasado por parte materna de Kerry e por parte pai de Bush desde o século XVI.[16]

Kerry mide 1,93 m de altura,[17] gústalle practicar surf e hockey sobre xeo, e tocar o baixo. Segundo unha entrevista que lle concedeu á revista Rolling Stone en 2004, o seu álbum favorito é Abbey Road e tamén é fan dos Rolling Stones e de Jimi Hendrix.[18] Durante a súa campaña presidencial de 2004, Kerry utilizou "No Surrender" de Bruce Springsteen como unha das súas cancións de campaña. Máis tarde adoptaría " Beautiful Day " de U2 como a súa canción oficial.

Saúde[editar | editar a fonte]

En 2003, a Kerry foi diagnosticado e tratada con éxito de cancro de próstata.[19] O 31 de maio de 2015, Kerry rompeu a perna dereita nun accidente de ciclismo en Scionzier, Francia, e foi trasladado ao Massachusetts General Hospital de Boston para a súa recuperación. O cirurxián ortopédico, o doutor Dennis Burke,[20] que coñecera a Kerry en Francia, acompañouno no avión de Francia a Boston, e operoulle a perna dereita o martes 2 de abril nunha operación de catro horas.[21][22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Redacción (3 de decembro de 2021). "John Kerry Fast Facts". cnn.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  2. Thomas, Ken; Restuccia, Andrew (23 de novembro de 2020). "Biden Reveals Cabinet Picks for National Security Posts". wsj.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  3. Caldwell, Deborah, "Not a Prodigal Son", beliefnet.com, August 2004.
  4. Berger, Joseph (16 de maio de 2004). "Kerry's Grandfather Left Judaism Behind in Europe". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  5. Whitmore, Brian (22 de febreiro de 2004). "Hearing of roots, Czech village roots Kerry on". boston.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  6. Padmaranda, Rama (8 de novembro de 2012). "Likely Suspects: Guessing Obama's Second-Term Cabinet". northcountrypublicradio.org (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  7. Landler, Mark (21 d decembro de 2012). "Kerry Named for the Role of a Lifetime". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  8. Tapper, Jake (15 de decembro de 2012). "John Kerry to Be Nominated to Be Secretary of State, Sources Say". abcnews.go.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  9. Redacción (15 de decembro de 2012 [actualizado o 16 de decembro de 2012]). "John Kerry To Get Secretary Of State Nomination, Reports ABC". huffpost.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  10. "Roll Call Vote 113th Congress - 1st Session". senate.gov (en inglés). 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  11. "The Rachel Maddow Show, Transcripción 01/29/13". msnbc.com (en inglés). 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  12. Kerry, John (29 de xaneiro de 2013). "Carta de renuncia" (PDF). boston.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  13. Klapper, Bradley; Lee, Matthew (1 de febreiro de 2013). "CLINTON OUT, KERRY IN AS SECRETARY OF STATE". ap.org (en inglés). Archived from the original on 04 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  14. Thomas, Ken; Restuccia, Andrew (23 de novembro de 2020). "Biden Reveals Cabinet Picks for National Security Posts". wsj.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  15. Leibovich, Mark (5 de xuño de 2002). "What Teresa Heinz found and what she lost". post-gazette.com (en inglés). Archived from the original on 17 de agosto de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  16. "CBS News". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  17. Nagourney, Adam (9 de decembro de 2002). "Antiwar Veteran Eager for Battle". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  18. Wenner, Jann S. (11 de novembro de 2004). "John Kerry". rollingstone.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  19. Redacción (11 de febreiro de 2003). "Sen. Kerry 's Surgery A Success". cbsnews.com (en inglés). Archived from the original on 05 de abril de 2005. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  20. "Dennis William Burke, MD". massgeneral.org (en inglés). 2015. Archived from the original on 23 de agosto de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  21. AP (2 de xuño de 2015). "Doctors complete surgery on Secretary of State Kerry for broken leg; full recovery expected". usnews.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  22. Brumfield, Ben (1 de xuño de 2015). "U.S. surgeon to meet John Kerry in Geneva after his bike accident". cnn.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]