Saltar ao contido

Knesset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Knesset
Logotipo
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Nome orixinal
הכנסת‎ (he) Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
 Número de escanos
120 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Presidente/a
Amir Ochana 29 de decembro de 2022
Yariv Levin 13 de decembro de 2022 - 29 de decembro de 2022
Mickey Levy (pt) Traducir 13 de xuño de 2021 - 13 de decembro de 2022
Yariv Levin 17 de maio de 2020 - 13 de xuño de 2021
Benny Gantz (pt) Traducir 26 de marzo de 2020 - 17 de maio de 2020
Yuli Edelstein (pt) Traducir 18 de marzo de 2013 - 25 de marzo de 2020
Binyamin Ben-Eliezer (pt) Traducir 5 de febreiro de 2013 - 18 de marzo de 2013
Reuven Rivlin 30 de marzo de 2009 - 5 de febreiro de 2013
Michael Eitan (pt) Traducir 2009 - 30 de marzo de 2009
Dalia Itzik (pt) Traducir 4 de maio de 2006 - 10 de febreiro de 2009
Reuven Rivlin 19 de febreiro de 2003 - 4 de maio de 2006
Avraham Burg (pt) Traducir 6 de xuño de 1999 - 17 de febreiro de 2003
Dan Tichon (pt) Traducir 24 de xuño de 1996 - 7 de xuño de 1999
Shevah Weiss 13 de xullo de 1992 - 24 de xuño de 1996
Dov Shilansky 21 de novembro de 1988 - 13 de xullo de 1992
Shlomo Hillel 11 de setembro de 1984 - 20 de novembro de 1988
Menachem Savidor 20 de xullo de 1981 - 13 de agosto de 1984
Yitzhak Berman (pt) Traducir 12 de marzo de 1980 - 20 de xullo de 1981
Yitzhak Shamir 13 de xuño de 1977 - 17 de marzo de 1980
Yisrael Yeshayahu 9 de maio de 1972 - 13 de xuño de 1977
Reuven Barkat 17 de novembro de 1969 - 5 de abril de 1972
Kadish Luz 30 de novembro de 1959 - 17 de novembro de 1969
Nahum Nir 2 de marzo de 1959 - 30 de novembro de 1959
Yosef Sprinzak 17 de febreiro de 1949 - 28 de xaneiro de 1959 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
14 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF140374502 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406313657 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jxlq Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC193897990 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: TheKnesset Twitter: KnessetIL Instagram: theknesset Youtube: UC4elaDPpw25TipG2U33paLA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Knesset (en hebreo: הַכְּנֶסֶת haˈkneset, a reunión ou a asemblea) é o poder lexislativo do Estado de Israel. É un parlamento unicameral composto por 120 membros escollidos cada catro anos.

O 14 de maio de 1948, o día antes da declaración de Independencia de Israel, constituíuse o Consello Estatal provisional de Israel. Un órgano con competencias lexislativas e executivas baixo a dirección de David Ben-Gurion pero integrado por diferentes partidos. Logo da Guerra árabe-israelí, en xaneiro de 1949 celebráronse as primeiras eleccións lexislativas en Israel, e quedou constituída o 14 de febreiro, como unha asemblea constituínte. Nesas primeiras sesións adoptou o nome de Knesset, escolleu a Chaim Weizmann como primeiro presidente de Israel e confirmou o primeiro goberno de David Ben-Gurion.[1]

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

As competencias da Knesset son as de elaborar, discutir e aprobar as leis, confirmar o goberno e controlar a súa acción executiva, ademais de escoller o presidente do Estado. O funcionamento do parlamento de Israel están regulada pola primeira das leis básicas de Israel (1958).[2] Os seus 120 membros, gozan de inmunidade e deben ser escollidos por sufraxio universal da cidadanía israelí maior de idade en voto secreto e mediante un sistema proporcional. Os membros do parlamento intégranse en comités para facer o seguimento das diferentes políticas do Estado.

Durante os primeiros anos de existencia do Estado de Israel, diferentes edificios de Xerusalén albergaron a súa sede. Mais a Lei Básica: A Knesset (1958) establece no seu artigo segundo que a sede debe estar localizada en Xerusalén, polo que finalmente foi construído un edificio para albergar o parlamento israelí. O predio está localizado no barrio de Givat Ram nun terreo arrendado ao patriarcado ortodoxo grego de Xerusalén e foi custeado por James de Rothschild, xudeu británico.[3]

O edificio foi inaugurado en 1966. No interior destaca a sala do pleno que está presidida pola tribuna central ocupada polo presidente da Knesset e a palestra para os oradores. Fronte á presidencia, sentan os deputados, cuxa disposición se inspira na forma da menorá. As paredes da sala, de pedra calcaria de Galilea, contan cun baixorrelevo de Dani Karavan inspirado no versículo 6, "Saudade así a Xerusalén" do salmo 122.[4] Tamén hai un retrato de Theodor Herzl, fundador do sionismo.[5]

Visita do vicepresidente dos Estados Unidos, M. Pence á Knesset.
  1. "First Knesset". knesset.gov.il. Consultado o 2021-01-30.
  2. Basic Law of Israel.
  3. "On which street is the Knesset located?". www.knesset.gov.il. Consultado o 2021-01-30.
  4. "Capítulos 121-125 :: A Biblia Galega". www.abibliagalega.com. Consultado o 2021-01-30.
  5. "The Knesset Plenum". m.knesset.gov.il. Consultado o 2021-01-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]