Saltar ao contido

Loxística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Configurar e administrar almacéns é unha preocupación central tanto para a loxística de negocios como para a militar.

A loxística é definida polo Dicionario da Real Academia Galega como a «arte de organizar medios, homes e transportes, para realizar unha acción militar nas mellores condicións, e por extensión, estudo e preparación de calquera acción que require certa organización»[1]. Hoxe en día adóitase referir máis ben ao ámbito empresarial coma a arte e a técnica que se ocupa da organización dos fluxos de mercadoríasenerxía e información.[2][3]

A loxística é fundamental para o comercio. As actividades loxísticas conforman un sistema que é a ligazón entre a produción e os mercados que están separados polo tempo e a distancia.[4]

A loxística empresarial, por medio da administración loxística e da cadea de subministración, cobre a xestión e a planificación de actividades dos departamentos de compras, produción, transporte, almacenaxe, manutención e distribución.

Tipos de loxística

[editar | editar a fonte]

Existen diferentes tipos de loxística que se clasifican segundo a dirección do fluxo, o ámbito funcional ou o enfoque estratéxico das operacións. Segundo a dirección, distínguese entre a loxística directa —que leva os produtos dende o provedor ao cliente final—, a loxística inversa —que xestiona as devolucións ou reciclaxe cara atrás na cadea— e a loxística de ciclo pechado, que combina ambas nun sistema circular. Segundo o ámbito funcional, diferénciase entre a loxística de aprovisionamento, a loxística interna ou de produción, a loxística de distribución, a loxística de última milla e a loxística de servizos, cada unha con tarefas e retos propios. Por último, segundo o enfoque estratéxico, destacan a loxística sustentábel, a loxística resiliente, a loxística colaborativa e a loxística humanitaria, que engaden criterios de sustentabilidade, adaptación a crises, cooperación entre empresas ou resposta a emerxencias humanitarias, respectivamente. Esta clasificación moderna permite analizar e optimizar os procesos de xeito integral, aliñándoos coa estratexia empresarial e coa responsabilidade social e ambiental.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para '.
  2. "«logistics.". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2017. Consultado o 23 de maio de 2017.
  3. «What is logistics? ("logistics means having the right thing, at the right place, at the right time").
  4. Cedillo, M. G., Sánchez (2008).
  5. "Tipos de loxística". G3M Consultoría Loxística. Consultado o 23/07/2025.