Sarah Palin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sarah Palin
5.3.10SarahPalinByDavidShankbone.jpg
Nome completoSarah Louise Heath
Nacemento11 de febreiro de 1964
Lugar de nacementoSandpoint
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncristianismo, Protestantismo, Cristianismo evanxélico, Pentecostalismo, Associação Mundial da Assembleia de Deus, Cristianismo não-denominacional e catolicismo
Alma máterUniversidade do Havaí em Hilo, North Idaho College, Universidade de Idaho, Wasilla High School, Hawaii Pacific University e Matanuska–Susitna College
Ocupaciónpolítica, concursante en certames de beleza, autobiógrafa, xornalista deportiva, comentarista deportiva, modelo e anti-vaccine activist
PaiCharles Richard 'Chuck' Heath
NaiSarah 'Sally' Sheeran
CónxuxeTodd Palin
FillosBristol Palin, Piper Palin, Track Palin, Willow Palin e Trig Palin
PremiosAlaska Women's Hall of Fame
Na rede
https://www.sarahpalin.com/
IMDB: nm3126606 TV.com: people/sarah-palin
Facebook: sarahpalin Twitter: SarahPalinUSA Instagram: sarahpalin97 Youtube: UClEmvqBO_CMmlDIs_Lvf9rg WikiTree: Heath-1152 Editar o valor em Wikidata
Sarah palin signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Sarah Louise Heath Palin, nada o 11 de febreiro de 1964 en Sandpoint (Idaho) é a gobernadora de Alasca e foi a candidata republicana á vicepresidencia dos Estados Unidos nas eleccións de 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que vencellada a Alasca case toda a súa vida naceu na pequena localidade de Sandpoint, Idaho o 11 de febreiro de 1964. Estudou xornalismo na Universidade de Idaho e tras graduarse en 1987 traballou como xornalista deportiva para as estacións de televisión KTUU-TV e a KTVA de Anchorage e o periódico Mat-Su Valley Frontiersman de Wasilla.

En 1992 foi elixida para o consistorio de Wasilla, Alasca e en 1996 accedeu á alcaldía, permanecendo en tal posto ata 2002. Presentouse nese ano ás primarias do seu partido para o posto de vicegobernador pero quedou por atrás de Loren Leman. Dirixiu a Alaska Oil and Gas Conservation Commission entre 2003 e 2004. En 2006 presentouse ás primarias para o posto de gobernador e derrotou a Frank Murkowski, que se presentaba para a relección, e accedendo finalmente ao posto logo de superar ó candidato demócrata e antigo gobernador Tony Knowles. Converteuse na primeira muller en acceder ao cargo.

O candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos, John McCain, elixiuna como a súa candidata á vicepresidencia nas eleccións do 4 de novembro de 2008 que gañou Barack Obama, con Joe Biden como o seu candidato á vicepresidencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]