Oasis é considerado un dos grupos máis destacados da historia do Reino Unido e da música rock, por ser quizais o máximo expoñente do movemento britrock xunto con Blur e por ser tamén un dos grupos máis senlleiros da música a nivel mundial na década dos 90. Boa proba diso son as 11 millóns de copias vendidas do seu álbum debut Definetely Maybe, as 26 millóns do seu segundo álbum, (What´s the story)Morning Glory, que se converteu no segundo disco máis vendido na historia do Reino Unido por detrás do aclamado Sargent Pepper´s Lonely Hearts Club Band, e as 420.000 copias vendidas o día da posta á venda do seu terceiro álbum de estudio, Be Here Now, que logrou converterse no disco máis rapidamente vendido na historia do seu país.
En agosto do ano 2009Noel Gallagher anunciou a súa saída da banda despois dun altercado nos camerinos con Liam antes dun concerto. O resto dos seus membros, liderados por Liam Gallagher, decidiron continuar traballando xuntos baixo o nome Beady Eye.