Beyoncé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Beyoncé Knowles")
Beyoncé
Beyonce - The Formation World Tour, at Wembley Stadium in London, England.jpg
Nome completo Beyoncé Giselle Knowles
Nacemento 4 de setembro de 1981
  Houston
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Afroamericano
Alma máter High School for the Performing and Visual Arts
Ocupación Produción musical, actriz de cinema, cantautora, actriz, directora de cine, cantante, compositora, produtora, Bailarina, música, empresaria, coreógrafa, Modelo e guionista
Cónxuxe Jay-Z
Fillos Blue Ivy Carter, Sir Carter e Rumi Carter
Premios Grammy Award para Best R&B Performance, Grammy Award para Best R&B Song, MTV Movie Award for Best Fight e Grammy Award para Best Rap/Sung Collaboration
editar datos en Wikidata ]

Beyoncé Giselle Knowles, nada o 4 de setembro de 1981 en Houston, máis coñecida simplemente como Beyoncé é unha cantante estadounidense de pop, R&B e soul.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da deseñadora de moda Tina Knowles e do produtor musical Matthew Knowles, estudou en varias escolas de arte, cantando e bailando en competicións desde nena. Beyoncé fíxose famosa a finais da década de 1990 como a cantante principal do grupo feminino Destiny's Child, vendendo 50 millóns de discos co grupo e 25 millóns en solitario.

En xuño de 2003 durante unha paréntese co grupo Destiny's Child, Beyoncé lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Dangerously in Love, convertido nun dos máis exitosos dese ano tanto de pública como de crítica, con tres cancións Crazy in Love, Naughty Girl e Baby Boy subindo ó máis alto das listas e dándolle cinco Premios Grammy en 2004. A desaparición de Destiny's Child en 2005 permitiulle continuar a súa carreira en solitario, o seu seguinte álbum B'Day (2006) debutou no número un do Billboard, con cancións de tanto éxito como Deja Vu, Irreplaceable e Beautiful Liar. O seu terceiro álbum, I Am… Sasha Fierce editouse en novembro de 2008 e incluía éxitos como If I Were a Boy, Single Ladies (Put a Ring on It) e Halo.

O éxito dos seus álbums estableceuna como unha das artistas máis comerciais da industria musical, tamén comezou unha carreira como actriz en 2001 ó aparecer no musical Carmen: A Hip Hopera e 2006 a adaptación de Broadway Dreamgirls, e en 2009 o seu primeiro gran papel en Obsessed. No ano 2004 sacou ó mercado, a súa propia liña de moda. Casou o 4 de abril de 2008 co rapeiro Jay-Z.

Tamén foi premiada con un premio Grammy nas edicións dos anos 2006, 2007 e 2009, e con cinco no ano 2010.