Rammstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rammstein
Rammstein and Apocalyptica concert - 2005.jpg
Rammstein en concerto en Milán no 2005
Orixe Swerin, Alemaña Alemaña
Período 1994 - presente
Xénero(s) Neue Deutsche Härte, metal industrial
Selo(s) discográfico(s) Universal Music
Membros Till Lindemann
Richard Z. Kruspe
Christoph Doom Schneider
Oliver Riedel
Paul Landers
Christian "Flake" Lorenz
Páxina web http://www.rammstein.com

Rammstein é un grupo de Metal industrial alemán formado en 1994. O seu estilo musical incorpora elementos do metal industrial e a música electrónica. A banda axudou a fundar un subxénero no hard rock metal alemán que se coñeceu como NDH no seu país. As súas cancións desenvólvense case exclusivamente en alemán. Venderon ao redor de 20 millóns de copias en todo o mundo. Ao longo da súa existencia, a formación dos seis compoñentes de Rammstein mantívose sen cambios, o cantante Till Lindemann, os guitarristas Richard Z. Kruspe e Paul H. Landers, o baxista Oliver "Ollie" Riedel, o batería Christoph "Doom" Schneider e o teclista Christian "Flake" Lorenz.

A maioría das súas cancións están en alemán, pero tamén realizaron cancións enteiramente ou parcialmente noutros idiomas incluíndo o inglés, o español, o francés, e ruso.[1] Os premiados espectáculos en vivo de Rammstein son coñecidos polos seus elementos teatrais e pirotécnicos en escena.[2] Todo o catálogo de Rammstein esta publicado por Universal Music Group.

Historia[editar | editar a fonte]

O núcleo de Rammstein formouse en 1994 na cidade portuaria de Schwerin Alemaña do Leste. Tomaron o seu nome da cidade de Ramstein, en cuxa base aérea ocorreu un accidente durante un espectáculo no que tres aeronaves italianas colisionaron contra o público. Para transformar o nome engadíronlle un "m"; deste xeito xurdiu Rammstein que literalmente significa "catapulta feita de pedra". Tamén "Rammstein" era unha especie de pedra decorativa que se adoitaba colocar nas casas da antiga RDA.

O seu primeiro álbum Herzeleid (1995) foi un grande éxito polos seus concertos en vivo e mantivo a súa popularidade nas carteleiras ata o lanzamento do seu segundo álbum, Sehnsucht, o cal supuxo o debut da banda fóra de Europa, en concreto en América e Asia.

Nun prazo de poucas semanas entrou nos primeiros postos de venda mundiais xunto con Prodigy, Radiohead e The Rolling Stones. Desde entón superaron as barreiras lingüísticas: o seu idioma natal consideran que é perfecto para a súa música e por iso decidiron seguilo usando. Despois iniciouse a promoción de Sehnsucht co concerto Live Aus Berlin. En 1999 foron abreconcertos de Kiss na súa xira Psycho Circus, pasando por Arxentina, Brasil e México. No 2001 veu "Mutter" o seu terceiro disco que tivo boa acollida. O seu tour por América comezou xunto con Slipknot e Staind.

A súa única actuación en Galicia foi en Viveiro, Lugo, no ámbito do Resurrection Fest o 7 de xullo de 2017.

Letras[editar | editar a fonte]

Rammstein cantando Mein Teil en 2013, unha das pistas de Reise, Reise. A canción esta baseada nos sucesos do caso Armin Meiwes.

Case todas as cancións de Rammstein están en alemán. Con todo, a banda gravou cancións en inglés, así como unha versión da canción "Stripped" (Depeche Mode). Ademais, as cancións "Amerika", "Stirb nicht vor mir/Don't Die Before I Do," e "Pussy" conteñen letras en inglés. A canción "Moskau" ("Moscova") contén un coro en ruso, e Till Lindemann ten unha canción non oficial chamada "Schtiel" (versión da canción "Штиль"("Shtil") da popular banda de heavy metal rusa "Aria" completamente en ruso. " "Te quiero puta!" está enteiramente en español, e a canción "Frühling in Paris" ten un estribillo en francés. Oliver Riedel comentou que "a lingua alemá adáptase á música heavy metal, o francés pode ser a lingua do amor, pero o alemán é a lingua da ira".[3] Nunha entrevista con Ultimate Guitar, cando se lle preguntou se Rammstein xamais crearía unha canción totalmente en inglés, Till Lindemann declarou que "Rammstein nunca escribirá unha canción en inglés, é como pedirlle a Buda que mate un porco".[4]

As letras da banda, cantadas por Till Lindemann, son un elemento esencial da súa música, e moldean a percepción dos fans e dun público máis amplo. Adoitan tocar tabús e temas controvertidos como o sadomasoquismo («Bestrafe Mich», «Ich tu dir weh»), o incesto («Spiel mit mir», «Wiener Blut» ou «Tier») a violación («Weißes Fleisch», «Liebe ist für alle da»), o abuso sexual por parte do clero («Halleluja»), a necrofilia («Heirate mich»), o canibalismo («Mein Teil», «Eifersucht») e os símbolos relixiosos («Asche zu Asche»). As cancións dos primeiros álbums (Herzeleid, Sehnsucht e Mutter) céntranse sobre todo no sexo e a violencia. En Reise, Reise e Rosenrot trátanse tamén outros temas relacionados coas relacións interpersonais. Nestes dous discos, Rammstein canta sobre a amizade, a soidade, a obsesión, o amor non correspondido e a superficialidade nas relacións.

Moitas letras están influenciadas por diversas obras literarias, especialmente alemás. A canción «Dalai Lama»[5] é unha adaptación de Der Erlkönig, de Goethe.[6]«Hilf mir»[7] está inspirada no poema «A tristísima historia dos mistos», do libro infantil de Heinrich Hoffmann StruwwelpeterPedro Melenas»).[8][9] A canción «Rosenrot»[10] baséase no poema de Goethe Heideröslein;[11] «Du riechst so gut»[12] podería estar inspirada no libro «O perfume» de Patrick Süskind e «Stein um Stein» no relato O barril de amontillado de Edgar Allan Poe.[13] Do mesmo xeito, o estribillo do tema «Haifisch» é unha variación da canción de Kurt Weill «Die Moritat von Mackie Messer», cuxa letra é obra de Bertolt Brecht.[14] Tamén varias das súas cancións están supostamente inspiradas en sucesos da vida real. Estas cancións inclúen "Rammstein" ("Desastre de Ramstein airshow")), "Mein Teil", Wiener Blut e Donaukinder. Derrame de cianuro de Baía Mare en 2000).

O xogo de palabras é un compoñente fundamental das letras de Rammstein. En moitos casos, as letras están redactadas para que poidan ser interpretadas de varios xeitos. A canción "Du hast", por exemplo, é unha canción sobre os votos matrimoniais alemáns "Willst Du, bis der Tod euch scheidet, treu ihr sein für alle Tage?" ("¿Prometes serlle fiel a ela ata que a morte os separe?"). Na canción, a resposta afirmativa tradicional, Ja ("Si"), é substituída pola súa negación "Nein" ("Non"). A canción comeza, de feito, cun xogo de palabras: "Du ... Du hast ... Du hast mich ..." significa "Ti tesme". Esta liña confúndese a miúdo con "Ti ódiasme", porque en alemán, non hai ningunha distinción entre a pronunciación de "Du hasst" ("ti ódiasme") e "Du hast" ("ti me tes"). O xogo de palabras resólvese máis tarde a medida que se completa a frase: Du hast mich gefragt/Und ich hab' nichts gesagt ("Preguntáchesme / E non dixen nada"). Confusamente, a banda tamén fixo unha versión en inglés da canción chamada "You Hate", que non foi traducida directamente de "Du hast". Aínda que fanse moitas suposicións sobre "Du hast", sábese que Rammstein usou este texto para enganar intencionadamente ao oínte e crear humor na canción, facendo que moitos falantes non alemáns confúndanse.

Membros[editar | editar a fonte]

Símbolo da banda

Rammstein mantén a mesma formación desde a fundación, fai 23 anos, un caso case único en bandas de metal. Os membros din que se un membro fósese, ese sería o final de Rammstein. Flake di a miúdo que non é un membro formal, senón que "co-traballa" coa banda.

Lonxevidade de banda[editar | editar a fonte]

Desde a súa formación en 1994, Rammstein non tivo cambios na súa formación. Richard Kruspe dixo nunha entrevista a Revolver Magazine que é debido a que a banda respecta os desexos dos membros de tomar un descanso. Xa sexa por razóns persoais ou para centrarse nun proxecto paralelo.

Rammstein segue o seu propio ritmo. Nos importa unha merda que a xente pense que necesitamos sacar un disco cada dous anos e esa é unha das razóns polas que aínda estamos coa mesma formación. Coidámonos uns a outros, e se alguén ten que tomarse tempo libre ou facer algo máis, escoitámolo.

- Richard Z. Kruspe,[15]

Os membros da banda teñen proxectos paralelos nos que participan durante a inactividade de Rammstein. Kruspe lidera o grupo Emigrate, mentres que Till Lindemann comezou o seu proxecto Lindemann en 2015.

Actuacións en vivo[editar | editar a fonte]

Rammstein é coñecido polo seu uso frecuente de pirotecnia durante as actuacións en vivo.

Rammstein alcanzou unha particular fama polo seu exitoso show nos escenarios, facendo un uso tan extenso da pirotecnia que os fans eventualmente acuñaron o lema "Outras bandas tocan, Rammstein quéima!" (Unha broma sobre a canción "Kings of Metal" de Manowar, que di, "outras bandas tocan, Manowar mata"). Tras un accidente no "Arena de Berlín", no que caeron algunhas pezas decorativas en chamas (27 de setembro de 1996)[16] a banda comezou a usar profesionais para manexar a pirotecnia. Lindemann cualificouse posteriormente como pirotécnico licenciado. Pasa cancións enteiras envolto de xeito total en chamas. Sufriu múltiples queimaduras nas orellas, a cabeza e os brazos.

A calor durante as actuacións en vivo é tan intenso que, en ocasións, o público foi evacuado de concertos sufrindo de esgotamento por calor, e os pórticos de iluminación foron vistos brillando ao roxo vivo por repetidos golpes de bolas de lume. A variedade da pirotecnia pódese ver nunha recente lista de reprodución de concertos, que inclúe artigos tales como máscaras lanzachamas (véxase Lycopodium) e baquetas, guitarras, micrófonos e botas que lanzan chispas o arden. Lindemann solía cantar o tema «Rammstein» en chamas, enfundado nun traxe ignífugo.

Os traxes da banda son apropiadamente extravagantes. Durante o tour Reise, Reise, usaron uniformes Lederhosen, corsés e uniformes de inspiración militar con stahlhelm (modelo de casco militar), mentres que durante a xira Mutter (nai) o grupo cinguiuse ao temas da portada do álbum e descendeu ao escenario dun útero xigante mentres usaba cueiros. No concerto "Völkerball", entre outros, Till cambiou traxes entre cancións, vestidos de acordo a cada un. Por exemplo, en "Mein Teil", vestiuse como un carniceiro, en "Reise, Reise", como un mariñeiro. O resto da banda usou o seu vestiario preferido, pero ningún tan estraño como os de Till. O estilo da banda para os traxes é evidente nos seus videos musicais, así como nas súas actuacións en vivo. No video "Keine Lust", todos os membros agás Lorenz están vestidos con traxes de gordos. No video "Amerika", todos os membros da banda usan traxes de astronauta.

Till Lindemann durante "Rammstein", coñecido por usar lanzachamas montados nun brazo dual.

Desde o "Mutter Tour", a partir de 2001, Rammstein traballou co escenógrafo Roy Bennett, que axudou á banda no desenvolvemento do deseño dos escenarios. Con Reise, Reise Tour (2004/2005), a banda comezou a usar un escenario de dous niveis, coa metade da banda tocando no nivel inferior, e a outra metade colocada na parte superior. Neste percorrido, o nivel superior elevouse a 2 metros por encima do piso do escenario e tiña unha entrada ovalada xusto debaixo dos tambores. A ambos os dous lados do nivel superior, un ascensor especial permitía aos membros da banda acceder a ambos niveis do escenario. No Liebe ist für alle da Tour (a partir de 2009), o novo escenario aínda tiña un deseño de dous niveis. Esta vez, con todo, o nivel superior só tiña ao redor da metade da altura que na xira anterior. A entrada no escenario era posible por unha rampla hidráulica no centro do piso do escenario. En cada extremo do nivel superior colocáronse escaleiras para acceder a ambos niveis.

Esta xira incluíu non só o uso masivo de pirotecnia, senón tamén un espectáculo de iluminación masiva, como o famoso logotipo da banda como grandes lámpadas e catro enormes torres plegables, formando o telón de fondo industrial do set, capaz de facer diferentes efectos de iluminación. Segundo Kruspe, a tolemia no escenario é totalmente deliberada (o lema de Rammstein de acordo con Schneider é: "Fai o teu, ¡e esaxera!"). O obxectivo é chamar a atención da xente e divertirse ao mesmo tempo.

Tes que entender que o 99 por cento da xente non entende as letras, así que tes que atopar algo para manter o drama no programa. Temos que facer algo. Gústanos ter un espectáculo; Gústanos xogar con lume. Temos sentido do humor. Rímonos diso; Divertímonos ... pero non somos Spinal Tap. Tomamos a música e as letras en serio. É unha combinación de humor, teatro e a nosa cultura do Leste de Alemaña, sabes?

- Richard Z. Kruspe[17]

As súas postas en escena tamén os puxeron en problemas. Durante o seu período en América no Family Values Tour 1998, xunto a actuacións como a do rapeiro Ice Cube, Korn, Limp Bizkit e Orgy, a banda foi arrestada por indecencia. Nun dos momentos do concerto, o cantante Till Lindemann simulou un acto de sodomía co tecladista Lorenz durante a súa interpretación de "Bück dich" en Worcester, Massachusetts. Posteriormente foron arrestados e multados con 25 dólares e pasaron unha noite no cárcere.[18][19] A banda intentou apelar a multa, e gastou máis en honorarios legais e honorarios xudiciais que na propia multa de 25 $.[Cómpre referencia]

Discografía[editar | editar a fonte]

Ata xullo de 2017 Rammstein publicou un total de oito álbums, dous deles gravados en vivo, así como máis de vinte sinxelos. Os álbums de estudo de Rammstein son:[20][21]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rammstein". Chaoscontrol.com. 
  2. "Rammstein winning Best Live Band award". Rammstein.de. 21 de abril de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  3. "Sunday Herald Sun, Melbourne, Australia". Sunday Herald Sun. 
  4. Ultimate Guitar. "Till Lindemann: 'Rammstein Will Never Write a Song in English, It's Like Asking Buddha to Kill a Pig'". Ultimate Guitar. Consultado o 22 de xullo de 2015. 
  5. Herzeleid.com (ed.). "Letra de «Dalai Lama»" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  6. de.wikisource.org: Texto de Erlkönig, de Goethe
  7. Herzeleid.com (ed.). "Letra de «Hilf mir»" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  8. ""La tristísima historia de las cerillas"" (en alemán). Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  9. Imaginaria, revista argentina de literatura infantil (ed.). ""La tristísima historia de las cerillas" traducida al español". Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  10. Herzeleid.com (ed.). "Letra de «Rosenrot»" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  11. Letra do poema Heideröslein de Goethe en de.wikipedia
  12. Herzeleid.com (ed.). "Letra de «Du riechst so gut»" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2008. 
  13. Herzeleid.com (ed.). "Letra de «Stein um Stein»" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2008. 
  14. Brecht, Bertold; Weill, Kurt. "Die Moritat von Mackier Messer" (en alemán). nthuleen.com. Consultado o 16 de ootubro de 2009. 
  15. Wiederhorn, Jon (2015). "The Brutal Truth: Emigrate". Revolver Magazine (119): 41. 
  16. "Till Lindemann Biography". Rammstein-Europe.com. Consultado o 10 de maio de 2007. 
  17. "The Grand Rapids Press". Grand Rapids Press. 22 de xullo de 1999. 
  18. Kratina, Al (10 de decembro de 2010). "Concert review: Rammstein". The Gazette. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2010. 
  19. Steffen, Chris (8 de decembro de 2010). "Behind the Scenes: Rammstein Live". Spin. Consultado o 22 de decembro de 2010. 
  20. "Rammstein Discography" (en inglés). Allmusic.com. Consultado o 18 de outubro de 2011. 
  21. "Rammstein" (en inglés). Discogs. Consultado o 18 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gert Hof e Rammstein. Rammstein, Die Gestalten Verlag, 2001. ISBN 3-931126-32-3 (en alemán e inglés)
  • Hal Leonard. Rammstein Liederbuch, Music Sales, 1999. ISBN 0-7119-7220-6 (en alemán)
  • Antoine Barde - Pierre Jauniaux - Patrice Verry. Les Crasheurs De Feu, Camion Blanc, 2006. ISBN 2-910196-91-7 (en francés)
  • Michael Fuchs-Gamböck - Thorsten Schatz. Spiel mit dem Feuer - Das inoffizielle Rammstein-Buch, Heel Verlag, 2006. ISBN 3-89880-661-8 (en alemán)
  • Brooks Brown - Rob Merritt. No Easy Answers: The Truth Behind Death at Columbine, Lantern Books, 2003. ISBN 1-59056-031-0 (págs. 17-18) (en inglés)
  • John Francis Murphy - John F. Murphy Jr. Day of Reckoning: The Massacre at Columbine High School, Xlibris Corporation, 2001. ISBN 1-4010-1931-5 (págs. 87-88) (en inglés)
  • Wolf Rüdiger Mühlmann. Letzte Ausfahrt Germania - Ein Phänomen namens neue deutsche Härte, I.P. Verlag, 1999. ISBN 3-931624-12-9 (en alemán)
  • Barry Graves - Siegfried Schmidt-Joos - Bernward Halbscheffel. Das neue Rock-Lexikon (Band 1.) Rowohlt, 1998. ISBN 3-499-16352-7 (en alemán)
  • Barry Graves - Siegfried Schmidt-Joos - Bernward Halbscheffel. Das neue Rock-Lexikon (Band 2.) Rowohlt, 1998. ISBN 3-499-16353-5 (en alemán)
  • Matthias Matthies: Tourbuch Deutschlandtour 2001, Berlin, 2002. (en alemán)
  • Andreas Speit. Ästhetische Mobilmachung – Dark Wave, Neofolk und Industrial im Spannungsfeld rechter Ideologien., Unrast, 2001. ISBN 3-89771-804-9 (en alemán)
  • Michele Bettendorf. Ursprung Punkszene. Oder Rammstein hätte es im Westen nie gegeben, Books on Demand GmbH, 2002. ISBN 3-8311-4493-1 (en alemán)
  • Till Lindemann - Gert Hof. Messer, Eichborn, 2002. ISBN 3-8218-0927-2 (en alemán)
  • Ronald Galenza, Heinz Havemeister: Mix mir einen Drink. – Feeling B. Schwarzkopf & Schwarzkopf, Berlin 2002. ISBN 3-89602-418-3 (en alemán)
  • Frédéric Batier. Edición limitada do DVD Völkerball. 2006. ISBN 3-8291-1885-3 (fotografías)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]