Rihanna
Rihanna | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Robyn Rihanna Fenty |
Data nacemento | 20 de febreiro de 1988 (35 anos) |
Nado en | Saint Michael |
Fillos | Noah Mayers |
Ocupación | Cantante |
Xénero | pop, R&B, reggae, dance, urban pop, Eurodance |
Instrumento(s) | voz, piano, percusión |
Relacionado con | Chase & Status, Jay-Z, Shontelle, Kanye West, Ne-Yo, Nicki Minaj, Eminem, Britney Spears, Coldplay, Chris Brown |
Tempo en activo | 2005-presente |
Pseudónimo | Rihanna, Ri, RiRi e Rihanna |
Na rede | |
http://rihannanow.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() |
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense.[1][2] Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais. Debido a isto asinou con Def Jam Recordings despois dunha audición co seu presidente, produtor e rapeiro Jay-Z. Tanto o seu primeiro álbum Music of the Sun (2005) como o seguinte A Girl Like Me (2006) acadaron o top 10 nas listas musicais de Billboard 200.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rihanna comezou a súa carreira musical no ano 2005 con disco "Music Of The Sun". A súa música ten influencias Pop, R&B, Reggae, Dancehall, e Dance. Fíxose coñecida arredor do mundo grazas a éxitos como "S.O.S. (Rescue Me)", e especialmente, "Umbrella", que a levou ao estrelato intenacional no ano 2007. Dende ese momento a súa carreira non deixou de medrar, tendo acadado actualmente un dos máis prestixiosos postos no panorama musical e social do momento (posúe a conta de Facebook co número máis alto de seguidores, a súa conta de Intagram tamén é a máis seguida, e Skype otorgoulle o recoñecemento de ser a artista feminina máis escoitada na plataforma ao redor do mundo [Cómpre referencia]). Actualmente reside en San Diego (California).
Cine[editar | editar a fonte]
Pasou pola gran pantalla en contadas ocasións. O seu papel máis remunerado foi o de Cora Raikes en "Battleship", co que foi premiada co Teen Choice Awards á actriz revelación. Tamén fixo un cameo na película de James Franco, "This is the end", e porá voz á co-protagonista do filme de animación "Happy Smekday!".
Outros[editar | editar a fonte]
Rihanna actualmente é un dos personaxes máis famosos internacionalmente. Á parte da súa traxectoria musical, Rihanna é coñecida pola súa actividade en internet, medio no que expresa a súa ideoloxía tanto política coma persoal. Este instrumento foi un dos máis favorecedores no crecemento da súa fama por acontecementos coma o dos maltratos sufridos no ano 2009 de mans da súa parella do momento, Chris Brown, co que volveu en 2012 por un curto período de tempo, ou o escándalo que provocaron as fotos íntimas da artista que se divulgaron na rede.
Amais disto, Rihanna é defensora da legalización da marihuana, modelo (para revistas como Vogue ou The Rolling Stone, ou firmas de moda como Armani), deseñadora de moda (fai coleccións para a firma de moda americana River Island" ou para a marca deportiva "Puma) e de perfumes (ten tres no mercado).
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
- 2005: Music Of The Sun
- 2006: A Girl Like Me
- 2007: Good Girl Gone Bad
- 2009: Rated R
- 2010: Loud
- 2011: Talk That Talk
- 2012: Unapologetic
- 2016: Anti
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Business Insider, ed. (18 de maio de 2012). "Hard-To-Pronounce Celebrity Names — Business Insider". Consultado o 26 de outubro de 2014.
- ↑ "Fenty v. Arcadia Group Records". p. 4. Consultado o 23 de maio de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rihanna |
- Sitio oficial de Rihanna (en inglés)
- FanSite de Rihanna Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)