Saltar ao contido

Estación de Lugo-Mercadorías

Lugo-Mercadorías
SituaciónRúa dos Carros s/n
27003 Lugo

Lugo-Mercadorías é unha estación de tren de Adif para tráfico de mercadorías, situada no concello de Lugo, na liña León - A Coruña. Foi posta en servizo no ano 2008[1], cun investimento superior aos 13 millóns de euros.[2]

Ocupa unha superificie de 100.000 metros cadrados que foron cedidos polo Concello. Polas súas características é posíbel atender até cen trens por semana. Dispón de vías de recepción, expedición e tratamento de trens, tanto de transporte intermodal como de carga directa de mercadorías sobre vagón. Unha das vías permite a entrada de composicións de até 750 metros de lonxitude. A lousa de carga e descarga ten capacidade para almacenar até 360 contedores.

Esta estación supuxo un incremento en 4,7 veces máis a superficie existente daquela, na propia estación de viaxeiros de Lugo; a lonxitude das vías de carga e descarga pasou de 230 a 1.335 m; as de estacionamento, de 1.620 a 2.069 m.[3]

Lugo-Mercadorías é canda Vigo-Guixar e Taboadela unha das tres estacións desde onde se despachan os trens cargados de lixo cara a planta de SOGAMA.[4]

  1. Uz, Carmen. "La terminal ferroviaria de mercancías de Lugo languidece a los tres años de su apertura". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  2. Europa Press (2006-05-18). "La nueva estación terminal de mercancías de Lugo costarán más de 13 millones y estará concluida en un año". europapress.es (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  3. Enrique G. Souto (2008-01-12). "Lugo estrena terminal de mercancías". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  4. "Renfe transportará en diez años 3.750.000 toneladas de desechos urbanos en Galicia". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]