Estación de Perlío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°28′20″N 08°10′29″O / 43.47222, -8.17472

Perlío
Apeadorio de Perlío Fene, A Coruña.jpg
Apeadoiro de Perlío.
Situación Fene
Liñas
Media distancia MD

Perlío é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Perlío, no concello de Fene, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 33,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 5 metros de altitude,[1] entre as estacións de Barallobre e de Neda. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada RENFE, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación[editar | editar a fonte]

O apeadoiro de Perlío consta dunha única plataforma á que accede unha vía. Non conta cun edificio de estación, senón cunha marquesiña para refuxiarse, e cun aparcadoiro disuasorio, para facilitar o acceso ao apeadoiro. Atópase na parroquia de Perlío, no suroeste do núcleo urbano de Fene, preto da ría de Ferrol e do estaleiro de Fene. Recentemente recrecéronse as plataformas da estación, ademais de instalarse farois nelas para unha mellor visibilidade.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]