Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións
Liña 14: | Liña 14: | ||
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto. |
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto. |
||
Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das ''penlas'', cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos doutras cocas en Galicia: en [[Verín]], en [[Baiona]] (que era de Sabarís), en [[Betanzos]] (chamada Camelo), [[A Coruña]] (chamada Tarea), [[Ourense]] (Coquetriz), [[Pontevedra]] (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), [[Ribadavia]] (Becha), [[Santiago de Compostela|Compostela]] e [[Tui]]. <ref name=CUBA52>{{Cita |
Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das ''penlas'', cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos doutras cocas en Galicia: en [[Verín]], en [[Baiona]] (que era de Sabarís), en [[Betanzos]] (chamada Camelo), [[A Coruña]] (chamada Tarea), [[Ourense]] (Coquetriz), [[Pontevedra]] (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), [[Ribadavia]] (Becha), [[Santiago de Compostela|Compostela]] e [[Tui]]. <ref name=CUBA52>{{Cita Harvard|Cuba|Miranda|Reigosa|1999|sp=si|pp=84-85}}</ref> |
||
=== A tarasca === |
=== A tarasca === |
Revisión como estaba o 14 de xullo de 2015 ás 07:07
A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.
Etimoloxía
A primeira referencia documentada do termo coca é a de coquetriz atopada nun texto galego de Ourense datado en 1437. O texto dicía que a coquetriz era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do Corpus. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra latina cocatrix, é dicir crocodilo. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, coqa e qoqa.[1]
O termo tarasca ven de Tarasque, en relación co topónimo da localidade de Tarascón, no departamento de Bocas do Ródano, Francia. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa Marta.
Lendas
A Coca de Redondela
A tradición di que se presentou un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.
Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos doutras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui. [2]
A tarasca
Segundo conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Era unha especie de dragón con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cuncha de sapoconcho no seu lombo e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun escorpión. A súa cabeza era coma a dun león con orellas de cabalo.[3]
O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e converteu a moitos deles ó cristianismo. Arrepentidos de dar morte ó domado monstro, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón.
Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola UNESCO como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.[4]
Notas
- ↑ Concello de Redondela (ed.). "Festa da Coca ´2012". Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ (Cuba, Miranda & Reigosa 1999, pp. 84-85)
- ↑ Légende dorée, Sainte Marthe, traduction Roze, tome 2, 1902 (en francés)
- ↑ Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia (en castelán), (en francés), (en inglés) e (en árabe)
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coca |
Outros artigos
Bibliografía
- Cuba, Xoán Ramiro; Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio (1999). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 84–85. ISBN 84-8302-363-6.
- González Pérez, Clodio (1992). A coca de Betanzos (PDF). Anuario Brigantino (Concello de Betanzos).
- González Pérez, Clodio (1993). A coca e o mito do dragón. Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-127-0.
- González Pérez, Clodio (1993). A coca de Pontevedra. Museo de Pontevedra.