Crocodilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crocodilos
Rango fósil: EocenoHoloceno
Crocodilo do Nilo
Crocodilo do Nilo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Infraclase: Archosauromorpha
(sen clasif.): Archosauria
Superorde: Crocodylomorpha
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Cuvier, 1807
Subfamilias e xéneros

Subfamilia Mekosuchinae
Subfamilia Crocodylinae

Euthecodon
Voay
Rimasuchus
Osteolaemus
Crocodylus
Mecistops

Crocodilo pode ser calquera das 13 ou 14 especies existentes (e outras fósiles) dos réptiles da familia Crocodylidae (crocodílidos). O termo tamén é usado ás veces sensu lato para incluír todos os membros da orde Crocodilia. Discútese se o xénero Tomistoma pertence a Crododylidae ou a Gavialidae. O maior réptil hoxe na face da terra pertence a esta familia e é o crocodilo de auga salgada, que se encontra desde a India a Australia.

As diferenzas externas máis obvias entre os crocodilos e os aligátores son visibles na cabeza. Os crocodilos teñen cabezas máis estreitas e máis longas, e os morros teñen máis forma de V que de U. A mandíbula superior do aligátor é máis ancha que a inferior, e os dentes da mandíbula inferior encaixan en pequenas depresións da mandíbula superior. As mandíbulas superior e inferior dos crocodilos son da mesma anchura, e os dentes da mandíbula inferior quedan ao bordo ou pola parte externa da mandíbula superior cando pechan a boca. Nos crocodilos, cando pechan a boca o longo cuarto dente da mandíbula inferior encaixa nunha amosega da parte externa da mandíbula superior, polo que é moi visible.[1] Os crocodilos teñen dedos máis palmados nos pés traseiros e poden tolerar mellor a auga salgada, xa que teñen glándulas do sal especializadas, que están preentes pero non son funcionais nos aligátores. Os crocodilos son os máis agresivos dentro dos crocodilianos.[2] Diferéncianse da familia dos gaviálidos por teren un fociño máis ancho.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "crocodilo" procede do grego antigo κροκόδιλος (crocodilos), 'lagarto', usado na frase ho krokódilos tou potamoú, 'o lagarto do río (Nilo)'. Hai varias formas gregas variantes desta palabra, incluíndo a última forma κροκόδειλος (crocodeilos)[3] que se cita en moitos libros de referencia.[4] Na koiné grega dos tempos do Imperio Romano, crocodilos e crocodeilos teríanse pronunciado de forma idéntica, e calquera delas ou ambas poden ser a fonte da forma latinizada crocodīlus usada polos antigos romanos. Crocodilos ou crocodeilos é unha palabra composta de krokè ('croios, pedras') e drilos/dreilos ('verme'), aínda que drilos só está testemuñado como termo coloquial que significaba 'pene'.[4] Atribúese a Heródoto e supostamente describe os hábitos de tomar o sol do crocodilo exipcio.[5]

A forma crocodrillus é testemuñada no latín medieval.[4] Non está claro se isto é unha corrupción medieval ou deriva de formas alternativas grecolatinas (testemúñanse as formas do grego tardío corcodrillos e corcodrillion). O uso do -y- no nome científico Crocodylus (e outros nomes de taxons derivados), que non se facía no étimo latino ou grego, é unha corrupción introducida por Laurenti (1768).

Distribución dos crocodílidos e de Tomistoma

Localización[editar | editar a fonte]

Os crocodilos viven en América, África, Asia e Australia. Os crocodilos habitan xeralmente as marxes de ríos, mentres unha especie de Australia e illas do Pacífico tamén frecuenta o mar.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Na familia están incluídos 3 xéneros, con en total 14 especies, o xénero principal é Crocodylus coa maioría das especies; mentres que Mecistops considérase hoxe un xénero separado, pero antes estaba incluído en Crocodylus, e Osteolaemus inclúe só o crocodilo anano. Nese total de 15 especies está incluído o Crocodylus suchus, que foi o último que se aceptou como especie (antes era subespecie de C. niloticus). Ademais, recentes estudos indican que o crocodilo anano (Osteolaemus tetraspis), non é unha soa especie, senón probablemente dúas ou tres.[6] Se acaba por aceptarse isto definitivamente, as especies de crocodilos existentes serían 16 ou 17.

Posición dos tomistominos[editar | editar a fonte]

Discutiuse moito a posición dos tomistominos (falso gavial), debido a resultados contraditorios, xa que os estudos morfolóxicos (e as clasificacións tradicionais) consideran que son próximos aos crocodilos, mentres que as análises xenéticas os consideran próximos aos gaviais. Incluso nas clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía Tomistoma estaba separado dos "verdadeiros" crocodilos, que se clasificaban na subfamilia Crocodylinae, mentres que el estaba incluído nunha subfamilia propia (Tomistominae) dentro da familia Crocodylidae. Non obstante, as últimas probas moleculares encontran diferenzas máis grandes entre Tomistoma e os crocodilinos, e parece máis próximo aos gaviais, o que aconsellaría clasificalo na familia Gavialidae. Se isto finalmente se confirma en ulteriores estudos, os tomistominos formarían parte dos gaviálidos e non dos crocodílidos.[7]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cranio do extinto Voay robustus

A familia pode subdividirse así:

Unha filoxenia na que se inclúen os tomistominos dentro de Crocodylidae é a que mostra este cladograma baseado na análise de trazos morfolóxicos feita en 2012 por Christopher A. Brochu e Glenn W. Storrs. Os autores non incluíron C. suchus porque morfooxicamente é practicamente idéntico a C. niloticus, pero os propios autores consideran que son especies diferentes e que a gran similitude débese á mostraxe dos espécimes analizados. Ademais, moitas das especies distintas poderían ser xéneros separados.[9]

Unha filoxenia simplificada na que os tomistominos están clasificados xunto aos gaviais é a seguinte, baseada nas análises de Ericson et al de 2012:[10]

Crocodilia
Alligatoridae



Caiman Caiman crocodilus llanos white background.JPG



Melanosuchus Melanosuchus niger white background.jpg




Paleosuchus Dwarf Caiman white background.jpg




Alligator Alligator white background.jpg




Crocodylidae

Crocodylus Siamese Crocodile white background.jpg




Mecistops Crocodylus cataphractus faux-gavial d'Afrique2 white background.JPG



Osteolaemus Bristol.zoo.westafrican.dwarf.croc.arp. white background.jpg




Gavialidae

Gavialis Gavialis gangeticus (Gharial, Gavial) white background.jpg



Tomistoma Tomistoma schlegelii. white background.JPG





Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Crocodilian Biology Database - FAQ - What's the difference between a crocodile and an alligator". Flmnh.ufl.edu. Consultado o 5 April 2009. 
  2. Guggisberg, C.A.W. (1972). Crocodiles: Their Natural History, Folklore, and Conservation. Newton Abbot: David & Charles. p. 195. ISBN 0-7153-5272-5. 
  3. http://perseus.mpiwg-berlin.mpg.de/cgi-bin/vor?lookup=krokodeilos&lang=greek
  4. 4,0 4,1 4,2 "Crocodile | Define Crocodile at Dictionary.com". Dictionary.reference.com. Consultado o 26 April 2013. 
  5. "Online Etymology Dictionary". Etymonline.com. Consultado o 16 March 2010. 
  6. Eaton, Mitchell J.; Andrew Martin; John Thorbjarnarson; George Amato (March 2009). "Species-level diversification of African dwarf crocodiles (Genus Osteolaemus): A geographic and phylogenetic perspective". Molecular Phylogenetics and Evolution 50 (3): 496–506. PMID 19056500. doi:10.1016/j.ympev.2008.11.009. 
  7. Gatesy, Jorge; Amato, G.; Norell, M.; DeSalle, R.; Hayashi, C. (2003). "Combined support for wholesale taxic atavism in gavialine crocodylians" (PDF). Systematic Biology 52 (3): 403–422. doi:10.1080/1063515035019703. 
  8. McAliley, Willis, Ray, White, Brochu & Densmore (2006). Are crocodiles really monophyletic?—Evidence for subdivisions from sequence and morphological data. Molecular Phylogenetics and Evolution 39:16–32.
  9. Brochu, C. A.; Storrs, G. W. (2012). "A giant crocodile from the Plio-Pleistocene of Kenya, the phylogenetic relationships of Neogene African crocodylines, and the antiquity of Crocodylus in Africa". Journal of Vertebrate Paleontology 32 (3): 587. doi:10.1080/02724634.2012.652324. 
  10. Erickson, G. M.; Gignac, P. M.; Steppan, S. J.; Lappin, A. K.; Vliet, K. A.; Brueggen, J. A.; Inouye, B. D.; Kledzik, D.; Webb, G. J. W. (2012). Claessens, Leon, ed. "Insights into the ecology and evolutionary success of crocodilians revealed through bite-force and tooth-pressure experimentation". PLoS ONE 7 (3): e31781. Bibcode:2012PLoSO...731781E. PMC 3303775. PMID 22431965. doi:10.1371/journal.pone.0031781.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]