Don Quijote (Ponteareas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don Quijote (Ponteareas)
LocalidadePonteareas
editar datos en Wikidata ]

Don Quijote foi un periódico editado en Ponteareas entre 1921 e 1925.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 30 de abril de 1921. Dirixido por Prudencio Medal. Utilizou catro subtítulos diferentes: Quincenario de la guasa. No pertenece al trust, Quincenario satírico, Quincenario conservador e Quincenario político. De periodicidade irregular. Cesou a súa publicación en xuño de 1922 para reaparecer en xuño de 1924 con novidades no deseño (ampliación do formato e da paxinación) coma e no contido (incremento das seccións, como "Página femenina"). Constaba das seccións Menudencias, Nuestras dulcineas, Quixotescas, Xeringazos e Paliques. Publicou contos e poemas centrados na sátira de Vidales Tomé (en castelán) e en galego relatos de Rogelio Rivero, Manuel Lugrís Freire, Labarta Pose e José Fernández López, e outros asinados cos pseudónimos Xan de Pilonia, Xan d'Outeiro, Xan da Crus, Somorrostro, Farruco, Alrivraros e San Benito. Tamén publicou poemas de Rosalía de Castro e Xavier Prado Rodríguez e textos breves. Cesou definitivamente a súa publicación o 31 de agosto de 1925.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]