Francisco Zagala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Zagala
Nacemento1842
 Verín
Falecemento1908
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo
editar datos en Wikidata ]

Francisco Zagala Pérez, nado en Verín en 1842 e finado en 1908, foi un fotógrafo madrileño que pasou toda a súa carreira en Galicia[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adquiriu a súa formación fotográfica en Madrid, pero arredor de 1880 estableceuse nun estudio fotográfico en Pontevedra. Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX[2].

A súa actividade fotográfica coñecida ocorre en Galicia, máis concretamente en Pontevedra, onde tiña o estudio para facer retratos. Con todo, dedicouse tamén a facer fotografía ao aire libre e reproducións de arte, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra[3]. Grazas á doazón de fondos para o Museo Provincial de Pontevedra pode ter moitas imaxes etnográficas da vida en Pontevedra entre os séculos XIX e XX atopadas no arquivo chamado Zagala.

En 1884 pasou a traballar coa revista La Ilustración Española y Americana para fornecer fotografías de Pontevedra.[2] Cando Pedro Ferrer en 1904 publicou a colección de fotografías titulada Portfolio de Galicia, coa colaboración de moitos fotógrafos tamén foi responsábel de achegar as imaxes de Pontevedra.[4].

O seu traballo foi exposto varias veces para amosar o seu valor documental, quizais o máis importante foi a presentación do Museo de Pontevedra, na súa honra en 1994[5], pero tamén mostras colectivas como a realizada en Vigo en 2010[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Retrato de Valentín Paz-Andrade, c. 1899. 
Retrato de Enrique Campo, 1908. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sougez, M.L.; Pérez Gallardo, H (2003). Diccionario de historia de la fotografía. Madrid. Ediciones Cátedra. ISBN 84-376-2038-4. 
  2. 2,0 2,1 López Mondéjar, P. (1999). Historia de la fotografía en España. Barcelona. Lunwerg editores. ISBN 84-7782-660-9. 
  3. Museo de Pontevedra, ed. (2004-2008). "Archivo gráfico. Fondos". Consultado o 26 de agosto de 2010. 
  4. Fontanella, L. (1981). La historia de la Fotografía en España desde sus orígenes hasta 1900. Madrid. Ediciones El Viso. ISBN 84-86022-00-2. 
  5. Echave Durán, M.C. y Suárez Canal, X.L. (1994). F. Zagala, fotógrafo (1842-1908). Deputación Provincial de Pontevedra. Servicio de Publicaciones. ISBN 978-84-88363-28-2. 
  6. Ágatha de Santos (29 de marzo de 2010). Faro de Vigo, ed. "Fotografía histórica gallega. Una muestra en Vigo reúne retratos de estudios realizados entre 1880 y 1960". Consultado o 27 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pérez Valle, X. C. (dir. e coord.): F. Zagala. Fotógrafo. Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1994.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]