La Casa de la Troya (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Casa de la Troya (novela)
Santiago Galiza nov 2008 08.jpg
Placa conmemorativa sita en la Casa de la Troya de Santiago
Título orixinalLa Casa de la Troya
Autor/aAlejandro Pérez Lugín
OrixeGalicia
Linguaespañol
Xénero(s)Novela
Data de pub.1915
Formatopapel

La Casa de la Troya é unha novela romántica publicada polo autor Alejandro Pérez Lugín en 1915.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra narra a historia dun mozo da época, Gerardo Roquer, que leva unha vida desordenada en Madrid e é obrigado polo seu pai a estudar a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, algo que el interpreta como un desterro. Aínda que ao principio lle resulta difícil adaptarse á vida na que el ve como unha simple cidade de provincias, acabará establecendo boas relacións cos seus compañeiros de pensión (a chamada Casa de la Troya), e mesmo coñecerá o amor da súa vida, unha moza que ten o pazo familiar en Sada.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A obra de Pérez Lugín foi un grande éxito na súa época. Foi reeditada numerosas veces e adaptada ao teatro, o cine e á televisión.

Polémica[editar | editar a fonte]

En 1924 Pérez Lugín denunciou o xornalista José Signo, quen nun artigo no xornal vigués La Concordia afirmara que o autor da novela era o tudense Camilo Bargiela[1]. O xornalista, defendido polo avogado Valentín Paz-Andrade, foi xulgado na Audiencia de Pontevedra en agosto de 1924 e condenado por inxurias. Pérez Lugín estivo defendido polo avogado Prudencio Landín Tobío, quen en 1925 publicou a obra La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia[2][3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fontán Couto, M. (12 de abril de 2019). "La Casa de la Troya en Pontevedra". O baúl da saudade. 
  2. Landín Tobío, P. (1925). La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia. Madrid: Editorial Reus. 
  3. Paramés Montenegro, C. (18 de febreiro de 2007). "¿Escribió Lugín "La casa de la Troya"?". El Correo Gallego. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]