Xosé Lois García Fernández
Xosé Lois García Fernández | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de abril de 1945 |
Merlán | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | escritor |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Lois García Fernández, nado en Merlán (Chantada)[1] o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).[2] Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.
Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.[3]
Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Cancioneiro de Pero Bernal, 1972.
- Abrilsonetos, 1974.
- Borralleira pra sementar una verba, 1974, Xistral.
- Non teño outra cantiga, 1975, edición do autor, Barcelona.
- Do Faro ao Miño, 1978, Ediciós do Castro.
- Aquarium, 1982, Ediciós do Castro.
- Materia Corporal (1986).
- Os indícios do sol, 1988, Oficinas de Trabalho Protegido da APPACDM, Braga.
- Tempo precario (1972-1987), 1988, Ediciós do Castro.
- Labirinto incendiado, 1989, Edições do Tâmega, Amarante.
- Paixón e rito, 1993, Sons Galiza.
- Círculo de luz e xisto, 1994, Espiral Maior.
- Rosto incompleto, 1996, Espiral Maior.
- Falo de Baco, 1998.
- Sambizanga, 1999, Ediciós do Castro.
- O som das águas lentas, 1999.
- Kalendas, 2005, Xerais.
- Do Faro ao Miño 2 (2005)
- No imo do tempo, 2007, Toxosoutos.
- Pórticos do gozo (poemas a Pantón), 2008, Toxosoutos.
- Poemas pornofálicos, 2009, Toxosoutos.
- Petroglifia (poemas a Sober), 2010, Toxosoutos.
- Por ninguén aloumiñada. Poesía completa 1972-2005, 2011, Toxosoutos.
- No sangue dos bardos. Poesía completa 2005-2009, 2011, Toxosoutos.
- Tedempo, 2012.
- Remitencias, 2013, Asociación Cultural Xermolos.
- No soño dos ollos (2017).
- O mar vai en nós (haikais) (2022). 20 poemas sobre o Prestige. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.[4]
- Cancioneiro profano (2023). Silleda: Fervenza. 102 páxs. ISBN 978-84-19840-06-6. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.[5]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Villar Ponte. Discursos Parlamentarios (1931-1933), 1978, Ediciós do Castro.
- Castelao i Catalunya, 1979, Alvarellos.
- Nacionalidades colonizadas da Europa Occidental, 1980, Follas Novas.
- Castelao dende Catalunya, 1988, Ediciós do Castro.
- Lectura e itinerario posíbel pola Terra Chá de Manuel María, 1994, Deputación de Lugo.
- Simboloxía do románico de Pantón, 1999, Editorial Compostela.
- Os trobadores das terras de Chantada, 2001, Ediciós do Castro.
- Simboloxía do románico de Sober, 2008, Xunta de Galicia.
- Simboloxía do románico de Chantada, 2010, Deputación de Lugo.
- Uxío Novoneyra, home e terra, 2010, Toxosoutos.
- Uxío Novoneyra revisitado, 2010, Xerais.
- Polas diversas xeografías da Lusofonía, 2013, Asociación Cultural Xermolos.
- Manuel María reencontrado, 2015, Toxosoutos.
- Do A ao Z con Manuel María, 2016, Urco.
- Alefato (2021). Noia: Toxosoutos. 104 páxs. ISBN 978-84-123409-1-4.[6]
- Achegas á simboloxía do románico da Ulloa (2022). Instituto de Estudos Ulloáns-Área de Turismo da Deputación de Lugo.[7]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Xente de inverno: contos, 1995, Ediciós do Castro.
Teatro[editar | editar a fonte]
- A proclama (1996). Cadernos de Teatro.
- A cerna (2013)
- Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016)
- O proceso a Lucía Fidalgo (2017)
- Auto do demo e da viñateira (2017)
- Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku.
- Unha cunca de caldo quente (2022). Fervenza ed.
Edicións[editar | editar a fonte]
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte), 1985, Ediciós do Castro.
- Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba, 1990, Ediciós do Castro.
- Nova Galiza, 1990, Ediciós do Castro. Edición facsimilar.
- Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia, 1993, Espiral Maior.
- Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral, 1999, Laiovento.
- Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000), 2001, Ediciós do Castro.
- Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro, 2004, Ediciós do Castro.
- Antoloxía dos poetas galegos en Cuba, 2008, Toxosoutos.
- Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- A figueira lingoreteira, 1996, Ediciós do Castro. Poesía.
- A mulemba que fala, 2006, Everest Galicia. Narrativa.
- A feira do cinco, 2009, A Fervenza. Teatro.
- A idade do orballo, 2009, Everest Galicia. Narrativa.
- O reloxo de Merexildo, 2009, A Fervenza. Teatro.
- Labyrinthus, 2010, Everest Galicia. Narrativa.
- Mirafentos, 2010, A Fervenza. Teatro.
- Do A ao Z con... Manuel María, 2011, Everest Galicia. Ensaio.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Tao Te King, de Lao Tse, 2006, Toxosoutos.
- Poesía anónima africana, 2007, Toxosoutos.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
- Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya), 1999, Ediciós do Castro.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Obra en catalán[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006)
Teatro[editar | editar a fonte]
- Desguiament de guiats (2014)
Traducións[editar | editar a fonte]
- El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao, 1983, Edicions 62.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
- Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
- Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000)
- Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001)
- La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002)
- La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
- Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
- L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005)
- Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
- Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006)
- L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
- L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
- La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009)
- Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Traducións[editar | editar a fonte]
- Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX), 1992, Edicións do Castro.
- Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña, 2001, Laiovento.
Premios[editar | editar a fonte]
- 1992: Creación Literaria do Ministerio de Cultura.
- 2008: Pedrón de Honra.[8]
- 2009: Fillo Adoptivo e Cronista de Sant Andreu de la Barca
- Gañador do II Premio MOME de Teatro Varela Buxán do Concello da Estrada no 2012, por A cerna.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fernández del Riego, F. (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Ed. do Castro, 2ª edición. Páx. 169.
- ↑ "Xosé Lois García Fernández. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Xosé Lois García". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ asociacionescritoras-es. "O mar vai en nós (haikais) Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-11-06.
- ↑ "Cancioneiro profano". Edicións Fervenza. Consultado o 2023-10-06.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza (xullo, agosto, setembro 2021). "Alefato... o orgullo da herdanza hebrea". Grial LIX (231): 118–119. ISSN 0017-4181.
- ↑ martinho. "Presentación do libro “Achegas á simboloxía do románico da Ulloa”, de Xosé Lois García, en Antas de Ulla Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2022-07-22.
- ↑ "Xusto Beramendi y Xosé Lois García, Premios Pedrón de Ouro y de Honra 2008". www.elprogreso.es (en castelán). Consultado o 2019-10-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.
- A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García, de Andityas Soares de Moura, 2009, Toxosoutos.