Galicia en Madrid (1905)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia en Madrid foi unha revista editada en Madrid entre 1905 e 1906.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Revista literaria de carácter semanal defensora dos intereses galegos, apareceu o 3 de decembro de 1905[1]. Editada polo Centro Galego de Madrid, estaba dirixida por José Eleicegui López[2]. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Francisco Portela Pérez, José Rivas Montenegro[3] e Alfredo García Ramos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 29-11-1905, p. 3.
  2. El Noroeste, 17-12-1905, 2.
  3. La Correspondencia Gallega, 31-3-1906, p. 3.