El Eco de Mugía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Eco de Mugía foi un periódico publicado en Muxía entre 1902 e 1904.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico independiente. Defensor de los intereses generales del partido judicial de Corcubión, apareceu en 1902. Periódico quincenal impulsado por Manuel Miñones Barros, o seu director, fundador e propietario era Gonzalo López Abente, que tamén asinou a maior parte dos traballos aparecidos na publicación xunto a Víctor Castro Rodríguez. Publicaba novas locais e tamén contidos literarios. Mantivo polémicas con El Celta. No número 21, publicado o 13 de setembro de 1903, polas festas da Nosa Señora da Barca, apareceron composicións en galego de Victorino Abente Lago, Eugenio Carré Aldao, Salvador Golpe, Aurelio Ribalta, Galo Salinas Rodríguez, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde Lores, Víctor Castro Rodríguez e Enrique Labarta Pose, cunha narración en torno á lenda da romaría. Debeu cesar a súa edición co número 42, correspondente ao 15 de xullo de 1904.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]