El País Gallego (1888)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El País Gallego foi un periódico galego editado en Santiago de Compostela entre 1888 e 1891.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de intereses materiales e Diario de Santiago, aparece o 3 de febreiro de 1888. Fundado e dirixido por Enrique Labarta Pose, era de carácter rexionalista moderado, e defendeu a política de Montero Ríos. Ao cabo de dous meses o director foi substituído por Máximo Leyes Posse. A partir de abril de 1891 o director foi Santiago Fraga e o redactor xefe Eusebio Alonso Vieites. Con motivo do 25 de xullo de 1888 publicou un suplemento no que colaboraron os escritores máis destacados da época. Cesou a súa publicación o 11 de xuño de 1891.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]