Galicia Moderna (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Moderna.
| Galicia Moderna | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |

Galicia Moderna foi unha revista editada en Pontevedra entre 1897 e 1898.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu o 1 de maio de 1897. Presumiblemente de propiedade colectiva nun principio, pasou a mans de Xerardo Álvarez Limeses que tamén era o redactor xefe, e dende abril de 1898, do director Enrique Labarta Pose. Entre os seus colaboradores estaban Lamas Carvajal e Lisardo Barreiro. Tentaba converterse nun álbum artístico e literario, no que se ofrecera información sobre as paisaxes, as lendas, os costumes, as tradicións e as festas populares de Galicia. Ademais, incluíu textos literarios e poesías, xunto con datos biográficos de destacados escritores galegos. Cesou a súa edición o 15 de xullo de 1898 co número 30.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 233–234. ISBN 84-8288-137-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galicia Moderna |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Moderna". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Moderna". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.