Hobart
| Epónimo | Robert Hobart (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Australia | ||||
| Estado federado | Tasmania | ||||
| Capital de | Tasmania (1856–) | ||||
| Contén a división administrativa | Brighton (pt) City of Clarence (en) City of Glenorchy (en) City of Hobart (en) Kingborough Council (en) Sorell Council (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 197.451 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.357,3 km² | ||||
| Bañado por | Rio Derwent (pt) | ||||
| Altitude | 1.270 m-54 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1803 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | TAS 7000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0361 e 0362 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
Hobart (antes Hobartown) é a capital do estado insular de Tasmania, Australia. No ano 2006 tiña 200.525 habitantes. Atópase na desembocadura do río Derwent ao pé do monte Wellington cunha altura de 1.270 m.
Economía
[editar | editar a fonte]
A parte do turismo e a actividade portuaria existe unha importante industria secundaria de madeira, de fabricación de catamaráns e da produción de zinc.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras Sydney, Hobart é a cidade máis antiga de Australia. Foi fundada en 1804 polo coronel David Collins con 300 prisioneiros, uns cantos mariños e uns 30 colonos libres. Durante moitos anos a poboación estaba formada por convictos e capataces, ademais de baleeiros e cazadores de focas.
Xa ao principio do século XX estaba dotada de tranvías eléctricos que uniron a estación de ferrocarril central cos entón suburbios de New Town, Queensborough, Wellington, Glenorchy, Risdon e Bellerive.
Puntos de interese
[editar | editar a fonte]
- Salamanca Place.
- Oficina central da Australian Antartic Division.
- Battery Point.
- Zona do Porto de Hobart.
- Museo Marítimo de Tasmania.
- Reais Xardíns Botánicos de Tasmania.
- Tasmanian Museum e Art Gallery.
Personalidades
[editar | editar a fonte]- O actor Errol Flynn naceu en Hobart segundo as súas propias palabras.
- Mary Donaldson (desde 2004, princesa de Dinamarca)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hobart |
