Universidade de California, San Francisco
Universidade de California en San Francisco University of California, San Francisco (UCSF) | |
---|---|
Logotipo da UCSF | |
Datos xerais | |
Fundación | Marzo de 1873 |
Datos actuais | |
Reitor | Susan D. Desmond-Hellmann |
Datos de contacto | |
Enderezo | San Francisco, CA 94143, Oficinas Centrais Teléfono 415/476-9000 |
Páxina web | Universidade de California en San Francisco |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de California, San Francisco (UCSF) é unha das universidades do sistema da Universidade de California, localizada na cidade de San Francisco.
Historia
[editar | editar a fonte]A Universidade de California en San Francisco remonta a súa historia a Hugh Toland, un cirurxián de Carolina do Sur que tivo un grande éxito e riqueza despois de mudarse a San Francisco en 1852.[1] Unha escola anterior, o "Cooper Medical College" da Universidade do Pacífico (fundada en 1858), entrou nun período de incerteza en 1862 cando morreu o seu fundador, Elias Samuel Cooper.[2]
En 1864 Toland fundou unha nova Escola de Medicina, "Toland Medical College", e a Facultade do "Cooper Medical College" optou por suspender as operacións e unirse á nova Escola.[3]
A Universidade de California foi fundada o 23 de marzo de 1868, coa promulgación da súa Lei Orgánica. A Sección 8 da Lei Orgánica autorizou ao Consello de Rexentes a afiliar á Universidade de California a colexios profesionais independentes e autosuficientes.[3][4] En 1870, a Facultade de Medicina de Toland comezou a negociar unha afiliación á nova universidade pública.[5]
En marzo de 1873, os administradores do "Toland Medical College" trasladárono aos rexentes da Universidade de California, e converteuse no Departamento de Medicina da Universidade de California.[2]
Actividades
[editar | editar a fonte]A misión de UCSF é a de servir como unha "universidade pública dedicada a salvar vidas e mellorar a saúde." O Centro Médico da UCSF está continuamente clasificado entre os 10 mellores hospitais dos Estados Unidos por US News & World Report, que tamén clasificou o seu programa de coidado médico para a SIDA en primeira posición no país.
Entre os dez campus da Universidade de California, é o único dedicado exclusivamente á educación de posgrao en Ciencias da Saúde e Biomedicina.[6][7][8][9]
Está recoñecida como unha das grandes facultades de Medicina dos Estados Unidos.
Algúns dos centros de tratamento da UCSF inclúnen transplantes de ril e de fígado, radioloxía, neurocirurxía, neuroloxía, oncoloxía, oftalmoloxía, terapia xénica, saúde da muller, cirurxía fetal, pediatría e medicina interna.
Tamén é coñecida porque o seu investigador e profesor Stanley B. Prusiner, director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da Universidade, descubriu en 1982 os prións, causantes, entre outras, da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob e da enfermidade das vacas tolas (encefalopatía esponxiforme bovina),[10] polo que, en 1997 foille outorgado o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hugh Huger Toland (1806-1880) "A History of UCSF". University of California, San Francisco.
- ↑ 2,0 2,1 "The Origins of the University of California and Affiliated Colleges". University of California, San Francisco.
- ↑ 3,0 3,1 Stadtman, Verne A. (1970): The University of California, 1868–1968. New York: McGraw-Hill. pp. 125–141.
- ↑ Ver Statutes of Calif "The Origins of the University of California and Affiliated Colleges". University of California San Francisco.ornia.
- ↑ "The Origins of the University of California and Affiliated Colleges". University of California, San Francisco.
- ↑ "UCSF Schools Earn Top Rankings in 2017 US News Survey". UC San Francisco.
- ↑ "Health". U.S. News & World Report L.P.
- ↑ "University of California, San Francisco". 16 de xullo de 2015.
- ↑ "UCSF Leads in Academic Rankings, NIH Funding – California Life Sciences Association". 28 de marzo de 2011. Arquivado do orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 Stanley B. Prusiner. Biografía en nobelprize.org. Consultado o 15 de setembro de 2022.