Eleccións Xerais 1923 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

As Eleccións xerais de España de 1923 foron convocadas para o 29 de abril de 1923 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.

Foron as últimas eleccións a Cortes Xerais convocadas na Restauración borbónica e, polo tanto, dentro do sistema de quendas de partidos dinásticos implantado coa Constitución española de 1876, carta magna que sería suspendida en setembro dese mesmo ano polo golpe de estado de Miguel Primo de Rivera. Quen ostentaba o cargo de Presidente do Goberno ata a data das eleccións foi Manuel García Prieto.

As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflictividad social debido á Guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba sumido nunha profunda crise de liderado desde o asasinato de Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal presentábase moi dividido en diferentes faccións.

A maioría liberal permitío que os principais líderes liberal-progresistas ocupasen as principais magistraturas do Estado. Melquíades Álvarez foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Manuel García Prieto, elixido co apoio do Partido Liberal e do Partido Reformista.

Ambas cámaras foron disoltas pola Ditadura de Primo de Rivera cinco meses despois, o 13 de setembro de 1923.

Composición do Congreso[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais en España, 29 de abril de 1923

Partido Escanos Líder
Partido Liberal 182 Manuel García Prieto
Liberal-demócratas 87 Manuel García Prieto
Liberais 47 Álvaro de Figueroa y Torres
Esquerda liberal 25 Santiago Alba Bonifaz
Liberais agrarios 10 Rafael Gasset Chinchilla
Liberais nicetistas 6 Niceto Alcalá-Zamora
Liberais independentes 7
Partido Conservador 125 José Sánchez Guerra y Martínez
Conservadores 90 José Sánchez Guerra y Martínez
Conservadores ciervistas 15 Juan de la Cierva Peñafiel
Conservadores mauristas 10 Antonio Maura
Conservadores datistas 5
Conservadores independentes 5
Lliga Regionalista 20 Francesc Cambó
Partido Reformista 18 Melquíades Álvarez
Partido Socialista Obreiro Español 7 Pablo Iglesias Posse
Partido Republicano Radical 5 Alejandro Lerroux
Partido Nacionalista Vasco 1 Manuel Aranzadi Irujo
Acción Católica 1 Luís García Guijarro
Agrarios 1 Cándido Casanueva Gorjón
Carlistas e Integristas 1
Republicanos diversos 13 Lluís Companys

Joaquim Pi i Arsuaga Francesc Macià

Demócratas 3
Outros, independentes ou indefinidos 29
Vacantes 31
Total 437

Resultados en Galicia[editar | editar a fonte]

Galicia contaba en 1923 con 45 deputados repartidos do seguinte xeito:

A Coruña (14 deputados)[editar | editar a fonte]

Juan Armada Losada.

Pontevedra (11 deputados)[editar | editar a fonte]

Lugo (11 deputados)[editar | editar a fonte]

Ourense (9 deputados)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]