Saltar ao contido

José Sánchez Guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Sánchez Guerra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) José Sánchez-Guerra Martínez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1859 Editar o valor en Wikidata
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1935 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
4 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Ministro da Guerra
15 de xullo de 1922 – 7 de decembro de 1922
← José Olaguer Feliú (en) TraducirNiceto Alcalá-Zamora →
Presidente do Consello de Ministros
8 de marzo de 1922 – 7 de decembro de 1922
← Antonio MauraManuel García Prieto →
Presidente do Goberno de España
1922 – 1922
← Antonio MauraManuel García Prieto →
Presidente do Congreso dos Deputados
1919 – 1922
← Juan Armada LosadaGabino Bugallal →
Ministro de Gobernación
11 de xuño de 1917 – 3 de novembro de 1917
← Julio Burell y Cuéllar (pt) TraducirJosé Bahamonde y de Lanz (en) Traducir →
Ministro de Gobernación
27 de outubro de 1913 – 9 de decembro de 1915
← Santiago Alba BonifazSantiago Alba Bonifaz →
Ministro de Fomento de España
14 de novembro de 1908 – 2 de outubro de 1909
← Augusto González BesadaRafael Gasset Chinchilla →
Ministro de Fomento de España
14 de setembro de 1908 – 21 de outubro de 1909
← Augusto González BesadaRafael Gasset Chinchilla →
Ministro de Gobernación
5 de decembro de 1903 – 5 de decembro de 1904
← Antonio García AlixManuel Allendesalazar Muñoz →
Ministro de Gobernación
5 de decembro de 1903 – 5 de decembro de 1904
← Antonio García AlixFrancisco Javier González de Castejón y Elío →
Gobernador civil da provincia de Madrid
7 de decembro de 1902 – 23 de xullo de 1903
← Antonio Barroso Castillo (pt) TraducirJuan de la Cierva Peñafiel →
Deputado das Cortes
1886 – 1923
Circunscrición electoral: Cabra (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, político, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista
Partido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosLuis Sánchez-Guerra Sáinz, Rafael Sánchez-Guerra Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1204140
José Sánchez Guerra cara a 1920.

José Sánchez Guerra Martínez, nado en Córdoba o 28 de xuño de 1859 e finado en Madrid o 26 de xaneiro de 1935,[1] foi un político español. Varias veces ministro, chegaría a ser Presidente do Goberno do 8 de marzo até o 6 de decembro de 1922[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira política en 1886 saíndo elixido deputado por Cabra (Córdoba) polo Partido Liberal. Posteriormente, en 1902, abandonou o partido liderado por Sagasta, pasándose ó Partido Conservador de Antonio Maura, co que seguiu mantendo a acta de deputado pola circunscrición de Córdoba en tódalas eleccións celebradas até 1918.

Trala formación do goberno de Francisco Silvela, en decembro de 1902, foi nomeado gobernador civil da provincia de Madrid[3]. Dende o 5 de decembro de 1903 até o 15 de decembro de 1904 exerceu como Ministro da Gobernación, dun goberno de Maura. En 1908, Maura preferiu a Juan de la Cierva para ese posto, polo que Sánchez Guerra pasou a ocupar a carteira de Fomento. Igualmente, durante ese período tempo, entre xullo e decembro de 1903 e entre xaneiro de 1907 e setembro de 1908, foi tamén gobernador do Banco de España

Durante as diversas crises a que se viu sometido o Partido Conservador, Sánchez Guerra tentou manterse á marxe. Volveu aceptar encargarse do Ministerio de Gobernación (entre o 27 de xullo de 1913 até o 8 de decembro de 1915; e de novo entre o 11 de xuño ao 31 de outubro de 1917)[2] nos gobernos presididos por Eduardo Dato. Trala morte deste, sucedéronse varios gobernos conservadores; un deles presidiuno Sánchez Guerra (entre o 8 de marzo e o 6 de decembro de 1922)[2]. Nel agrupáronse mauristas, conservadores e membros da Lliga Catalana. Tentou acabar co terrorismo patronal en Barcelona destituíndo o gobernador civil, Severiano Martínez Anido, tolerante cos pistoleiros e duro represor dos grupos anarquistas barceloneses. O asasinato de Dato propiciara a permisividade de Martínez Anido, que se convertera nun dos principais atrancos para a recuperación da paz social. A discusión do expediente Picasso que informaba sobre o Desastre de Annual precipitou a súa caída.[4]

Ditadura de Primo de Rivera

[editar | editar a fonte]

Coa instauración da ditadura de Primo de Rivera, Sánchez Guerra pasou á oposición. Crítico coa ditadura, exíliase a Francia en 1927 e, dende París, encabeza un plan para facer caer a Ditadura,[5] polo que retorna a España para encabezar en Valencia unha conspiración militar contra o ditador o 29 de xaneiro de 1929,[5] no que o militar escollido para levalo a cabo foi o xeneral Alberto Castro Girona,​ Capitán xeneral da III Rexión Militar.[6] Mais como este negouse a recibilo,[7] o plan resultou un rotundo fracaso, e Sánchez Guerra negouse a fuxir polo que foi detido e encarcerado nun barco-prisión en Valencia.[8] De seguido, foi sometido a un consello de guerra pero resultou absolto en novembro, contribuíndo así ó desprestixio da ditadura e da monarquía.

A pesar da súa posición crítica e hostil co rei Afonso XIII, despois da caída do goberno de Dámaso Berenguer, aceptou o encargo do rei de formar goberno. A súa tentativa de tender unha ponte entre monárquicos e republicanos, a través dun pacto cos membros do Comité Republicano detidos a raíz dos sucesos de Jaca, acabou sen éxito. O 17 de febreiro renunciou a formar goberno e ó día seguinte o almirante Aznar presidiu o novo goberno constituído unicamente por monárquicos. O 27 de febreiro de 1930 pronunciou un discurso no Teatro da Zarzuela de enorme repercusión pública no que recoñeceu o dereito de España a ser República. A pesar de saír elixido deputado por Madrid dentro do grupo conservador de "Apoio á República" nas eleccións a Cortes Constituíntes o 28 de xuño de 1931, viuse obrigado a abandonar a política por razóns de saúde.

Faleceu en Madrid en 1935.

Xornalista

[editar | editar a fonte]

Ademais de avogado, Sánchez Guerra exerceu a profesión de xornalista. Foi director de diferentes publicacións periódicas, entre elas, La lberia (1885), a Revista de España (1888) e El Español (1898).[4]

Predecesor:
Antonio Maura
Presidente do goberno de España
1922
Sucesor:
Manuel García Prieto
  1. Martorell (2011), p. 459.
  2. 2,0 2,1 2,2 Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Ediciones de la Torre. p. 198. ISBN 84-7960-247-3. 
  3. Guimerá Peraza, Marcos (1974). "Maura y Azcárate". Boletín de la Real Academia de la Historia. vol.I (171): 117. ISSN 0034-0626. 
  4. 4,0 4,1 "1935: muere el político José Sánchez Guerra y Martínez". abc.es. 26-01-2010. Consultado o 11-01-2018. 
  5. 5,0 5,1 González (2007), p. 213.
  6. Martorell (2011), pp. 400-401.
  7. Payne (1967), p. 246.
  8. Payne (1967), p. 247.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]