Antonio Rodríguez Pérez (xornalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Rodríguez Pérez, finado en Madrid, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia humilde, con panadería en Lugo. Residía en Madrid onde foi redactor de El Imparcial. Próximo a Manuel Viturro Posse, foi deputado nas Cortes Españolas polo distrito de Padrón como independente polo Partido Liberal nas eleccións de 1918, 1919, 1920 e 1923, tendo como representante no distrito a Estanislao Pérez Artime. Foi nomeado Director Xeral de Obras Públicas en setembro de 1923. Posteriormente pasouse á Federación Republicana Gallega (futura ORGA), partido polo que foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Nas eleccións xerais de 1933 volveu ser elixido deputado pola mesma provincia como republicano independente polo Partido Republicano Radical. Militou no Partido Nacional Republicano de Sánchez Román. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse a deputado integrado na Candidatura Republicana de Centro y Coalición, pero non foi elixido. Coa Guerra civil logrou fuxir a Francia en barco desde Cartaxena. Posteriormente volveu e fixou a súa residencia no Hotel Palace de Madrid, onde morreu.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou xa maior con Amelia Sánchez Abril, dunha familia acomodada de Madroñera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. p. 336. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]