José Reino Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Reino Caamaño
José Reino Caamaño 1932.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1932.
Nacemento 21 de abril de 1882
  Mazaricos, Mazaricos
Falecemento 2 de xaneiro de 1964
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do pazo do Cotón. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[2] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da Deputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal.

José Reino Caamaño, 1916.

Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933.

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo[3], chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[4]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Cargos[editar | editar a fonte]

Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, presidente do consello de administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago, presidente do consello de administración de Financiera Maderera S.A. (FINSA), presidente da Liga de Amigos, membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, membro do Instituto Iberoamericano e Filipino de Dereito Comparado, vocal foralista para a Compilación do Dereito Foral de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
  • Medalla de prata da cidade de Santiago de Compostela.
  • Fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista en La Noche, 27-4-1955, p. 6.
  2. Poemas de José Reino
  3. Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.
  4. La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]