Saltar ao contido

Joaquín Caro del Arroyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Caro del Arroyo
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1872 Editar o valor en Wikidata
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 95462 Arquivo Histórico de Deputados: 21690

Joaquín Caro del Arroyo, II Conde de Peña Ramiro, nado en Palma o 1 de xullo de 1872 e finado en Madrid o 24 de novembro de 1948[1], foi un político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Caro Álvarez de Toledo, neto do XII Marqués de Vilafranca do Bierzo, e de María Manuela del Arroyo Moret, viúva de Gonzalo Ros de Olana Quintana, Vizconde de Ros.

Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá en 1907 por influxo de Augusto González Besada.[2] Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito entre 1914 e 1923. Gobernador civil da provincia de Sevilla. Foi Director Xeral de Belas Artes, Subsecretario do Ministerio de Instrución Pública e vogal do Real Padroado do Museo do Prado o 21 de xuño de 1917.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con Blanca Rodríguez de Rivas de la Gándara, filla do conde de Castilleja de Guzmán, o 23 de xuño de 1927.

  1. Necrolóxica en ABC, 22-11-1952, p. 39
  2. Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. p. 163. ISBN 84-8457-255-2. 
  3. Fundación de Amigos do Prado