Leopoldo García Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leopoldo García Durán
Leopoldo García Durán 1933.jpg
Nacemento15 de novembro de 1882
 As Neves
Falecemento16 de abril de 1966
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiManuel García Golmar
FillosLeopoldo García-Durán Parages
IrmánsManuel García Durán e Alejandro García Durán
editar datos en Wikidata ]

Leopoldo García-Durán Golmar, nado nas Neves o 15 de novembro de 1882 e finado en Madrid o 16 de abril de 1966,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel García Golmar. Estudou o bacharelato no colexio dos Escolapios de Celanova e fixo a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid. Traballou no bufete do Conde de Bugallal e foi nomeado fiscal da Audiencia de Madrid. Formou parte do Consello de Administración de Ferrocarriles Estratégicos y Secundarios de Alacant. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Alacant nas eleccións de 1914 "encasillado" por José Sánchez Guerra, Ministro da Gobernación. Posteriormente foi deputado polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1916, 1918, 1920 (esta disputada e protestada por José Calvo Sotelo[2]) e 1923. En 1916 o órgano conservador (bugallalista) Ecos del Arenteiro do Carballiño dedicoulle un número especial de homenaxe:

Los distritos, al igual que las agrupaciones, las familias y sociedades, necesitan para su gobierno de un jefe que los dirija y los represente, que los defienda y los proteja, y ese jefe, ha de ser tanto más bueno, tanto más activo, tanto más celoso, cuánto sus socios, sus hijos o agrupados, lo merezcan y lo sean también.[3]

O 4 de abril de 1922 foi nomeado Director Xeral de Prisións, posto que permaneceu ata o 11 de decembro dese ano. Tamén Foi Inspector General del Timbre. Durante a República foi presidente da Federación Nacional de Fútbol (1931–1936)[4]. Foi director do Patronato de Apuestas Mútuas Deportivas Benéficas na primera etapa.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz de Isabel a Católica.
  • Comendador da Orde do Cristo de Portugal.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Parages Diego-Madrazo en xaneiro de 1910,[6] e foi pai de Leopoldo, Pedro, Manuel, María del Carmen e Ana María García-Durán Parages.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]