José Soto Reguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Soto Reguera, nado en Lugo o 11 de agosto de 1881 e finado o 23 de decembro de 1953 foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os estudos de bacharelato no Real Colegio de Alfonso XII del Escorial e os de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade Libre do mesmo Real Sitio. Foi Director Xeral de Administración Local (1918) e director da Sociedade Hoteles Unidos e conselleiro delegado de Autotrade[1].

Restauración[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Lugo (1910-1914) e polo de Viveiro (en sucesivas eleccións de 1914 a 1923).

Ditadura de Primo de Rivera[editar | editar a fonte]

Avogado da Unión Patriótica. Foi presidente do Ateneo de Madrid de 1926 a 1930[2] nomeado por Real Orden de 25 de xuño de 1926.

"...A las diez de la mañana se presentaron en la docta Casa los Sres. Soto Reguera, Senra, Doval, Alonso Castrillo, Fernández Cancela y Gil Mariscal, acompañados de agentes de la policía, a tomar posesión de los cargos que les confirió la Real Orden de la Presidencia del Consejo.

Requerida la Junta de Gobierno anterior de la Casa, y ausente forzoso el Dr. Marañón, preso en la Cárcel Modelo, y ausente también el Dr. Pittaluga, de viaje circunstancial por América, el Sr. Jiménez de Asúa, en nombre de todos sus, compañeros, se negó terminantemente a hacer entrega de los cargos para que fueron designados por la última Junta general.

Requeridos e intirmados nuevamente por el Sr. Soto Reguera a que les dieran posesión, se resistieron formalmente, alegando que el hecho de dar posesión a una urna no elegida libremente por los socios les haría incurrir en responsabilidad ante ésta el día de mañana que les pidan cuentas de su gestión y del patrimonio y caja social..."
Antonio Ruiz Salvador.[3]

Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929.

Segunda República[editar | editar a fonte]

Foi xefe provincial do Bloque Nacional na provincia de Lugo en 1935[4]. Presentouse ás Eleccións xerais de 1936 na Candidatura contrarrevolucionaria (Acción Popular, maurista conservador, Bloque Nacional e agrarios) pola provincia de Lugo, sen obter escano[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]