Manuel Fernández Barrón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Ponteareas
|
| Morte | 10 de maio de 1959 |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Cónxuxe | María del Carmen Bugallal |
| Fillos | José Ramón Fernández-Bugallal |
Manuel Fernández-Barrón Barrenechea, nado en Ponteareas a finais do século XIX e finado o 10 de maio de 1959, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nunha voda apadriñada por Eduardo Dato, en 1916 casou con María del Carmen Bugallal, quen acabaría herdando o título de condesa de Bugallal. Ese mesmo ano convértese en deputado polo Partido Conservador, en representación do distrito 25 (Ponteareas)[1], resultado que repite en catro convocatorias máis, pois en ningunha das cinco eleccións se presentou ningún candidato alternativo.
Beneficiado polo ascenso político da familia da muller, pois o seu sogro chegou a ser presidente do goberno, en febreiro de 1921 é nomeado director xeral dos Rexistros Civil, da Propiedade e do Notariado.
Galardóns
[editar | editar a fonte]Tivo unha rúa no Porriño, agora chamada Rúa do Mercado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Buscador histórico de deputados Eleccións 9.4.1916 Arquivado 08 de agosto de 2011 en Wayback Machine..