Francisco Barber Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Barber Sánchez
Alfonso XIII jugando al golf, de Campúa, Nuevo Mundo, 27-06-1907 (cropped). Francisco Barber.jpg
Nacemento 1 de decembro de 1873
  Zaragoza
Falecemento 25 de agosto de 1923
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación avogado, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Francisco Barber Sánchez, nado en Zaragoza o 1 de decembro de 1873 e finado o 25 de xullo de 1923, foi un avogado e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secretario de Eduardo Cobián Roffignac, foi designado deputado polo distrito de Xinzo de Limia nas eleccións de 1910, en substitución do seu xefe que renunciou á acta por resultar elixido simultaneamente por Santa Cruz de Tenerife. Continuou sendo elixido deputado polo distrito de Xinzo de Limia nas sucesivas eleccións ate 1923. Foi redactor de Heraldo de Madrid, El Imparcial e La Correspondencia de España. Foi nomeado gobernador civil de Barcelona en maio de 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]