Wenceslao González Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWenceslao González Garra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Wenceslao González Jimeno e Camila Garra Castellanzuelo. Propietario da navieira González Garra.[1] Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918,[2] e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor.[3] Foi socio prioritario da Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia constituída en 1920 e principal accionista da Compañía Minera de Linares en 1939. Encomendou ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de Ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhibiron na Casa do Concello.[4] Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.

Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923. Na República integrouse no Partido Radical, despois pasou a militar na CEDA e presentouse na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936.[5] Amigo persoal do xeneral Emilio Mola, foi un dos empresarios que financiou a conspiración que deu lugar ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En setembro de 1936 foi a Burgos e ao regreso trouxo a Consuelo Bascón, esposa de Mola, e a súa filla a pasar uns días en Vilagarcía.[6] Tamén acompañou ao xeneral Cabanellas cando visitou Vilagarcía en outubro como inspector xeral do Exército.[7] Acompañou a Francisco Franco na visita que este fixo a Vilagarcía en 1941.

Foi un gran amante do deporte da vela, gañador de trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa.[8][9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa.
  • O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Mérito Naval.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Purificación Rasilla Salgado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navieras 1928 Consultado o 28 de agosto de 2012.
  2. González Pérez, Claudio (4 de abril de 2009). "A catedral industrial galega". GaliciaHoxe. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  3. "Se constituyó el 1 de noviembre de 1918, con un capital social de 2.000.000 pts. De la empresa formaba parte la Cooperativa Eléctrica Coruñesa, con una aportación de 1.600.000 pts., y el grupo bancario formado por Ricardo Rodríguez Pastor y Wenceslao González Garra, representando un capital de 400.000 pts."
    Citado en Mirás Araujo, Jesús; Martínez López, Alberte. "LA TRANSICIÓN ENERGÉTICA EN LAS CIUDADES DE GALICIA. DEL GAS A LA ELECTRICIDAD, 1850-1936" (PDF). webcache.googleusercontent.com. p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
    .
  4. El tesoro de la costa vilagarciana - Faro de Vigo. Consultado o 28 de agosto de 2012.
  5. El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 11.
  6. El Diario de Pontevedra, 7-9-1936, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 24-10-1936, p. 11.
  8. Ochenta años de regatas. Faro de Vigo. Consultado 28 de agosto de 2012
  9. El blog de Arlillo Consultado o 28 de agosto de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]