Saltar ao contido

Melquíades Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMelquíades Álvarez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Melquíades Álvarez González-Posada Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1864 Editar o valor en Wikidata
Xixón Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución sumaria, asasinado Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
28 de febreiro de 1936 – 20 de marzo de 1936

Circunscrición electoral: Oviedo
Deputado nas Cortes republicanas

29 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Oviedo
Decano Colegio de Abogados de Madrid
1 de marzo de 1932 – 30 de xullo de 1936
 Luis Miller y BadilloFrancisco López de Goicoechea Inchaurrandieta 
Deputado nas Cortes republicanas
11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
4 de xullo de 1931 – 18 de agosto de 1931

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Presidente do Congreso dos Deputados
24 de maio de 1923 – 11 de xuño de 1923
 Gabino BugallalJosé de Yanguas Messía 
Deputado das Cortes
14 de xuño de 1919 – 15 de setembro de 1923
Circunscrición electoral: Castropol
Académico da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas

20 de novembro de 1917 – 10 de decembro de 1918 (renuncia)
 José de Aldecoa (pt) TraducirJavier Vales Faílde 
Deputado das Cortes
17 de marzo de 1914 – 10 de xaneiro de 1918
Circunscrición electoral: Castropol
Deputado das Cortes
2 de maio de 1910 – 2 de xaneiro de 1914
Circunscrición electoral: Alcázar de San Juan
Deputado das Cortes
20 de abril de 1898 – 15 de xullo de 1910
Circunscrición electoral: Oviedo
Catedrático de universidade
27 de febreiro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, xurista, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Reformista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Cronoloxía
22 de agosto de 1936Cárcel Modelo massacre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 72726 BNE: XX5441283 Arquivo Histórico de Deputados: 5070

Melquíades Álvarez González-Posada, nado en Xixón o 17 de maio de 1864 e finado en Madrid o 22 de agosto de 1936, foi un xurista e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Oviedo, onde se licenciou en 1883. Logo dun primeiro intento infrutuoso, gañou a Cátedra de Dereito Romano na Universidade de Oviedo en 1889. Amigo de Leopoldo Alas, iniciou a carreira profesional de avogado en Oviedo. Entre 1894 e 1898 foi decano do colexio de avogados da cidade. Despois trasladouse a Madrid.

Excelente orador, a quen denominaban "El Tribuno" e "Pico de Oro", nos seus inicios adscribiuse ao republicanismo de Nicolás Salmerón. En 1912 fundou o Partido Reformista, de inspiración republicana pero disposto a gobernar nunha monarquía democrática, pois consideraba que, en democracia, a cuestión da forma de goberno -monarquía ou república- era accidental.

En 1917 participou no movemento auspiciado por republicanos e socialistas, cuxo fin era convocar Cortes Constituíntes. Fracasado o movemento, Melquíades Álvarez foi moderando o seu discurso e aproximouse ao Partido Liberal da monarquía, o que lle permitiu acceder en 1923 á presidencia do Congreso dos Deputados. Neste posto tratou de convencer a Afonso XIII para que retornara ao parlamentarismo liberal, logo do golpe de Estado de Primo de Rivera. Durante a ditadura participou en varias conspiracións dirixidas a derribar ao ditador.

Na Segunda República o seu partido, naquel momento denominado Partido Republicano Liberal Demócrata, que era xa moi minoritario, situábase no centro-dereita do espectro político. Elixido deputado por Madrid (pola Candidatura de Apoio á República, nos escanos das minorías) e Valencia (na Conxunción Republicano-Socialista, nos escanos das maiorías) nas eleccións constituíntes de 1931 (celebrado un sorteo, adscribíuselle á circunscrición valenciana) e reelixido por Asturias en 1933 e 1936 (nas listas conxuntas coa CEDA). Tamén foi decano do Colexio de Avogados de Madrid.

En agosto de 1936, un mes despois do comezo da guerra civil, Melquíades Álvarez foi recluído, ao igual que outros dirixentes políticos conservadores, no Cárcere Modelo de Madrid e posteriormente foi asasinado por milicianos esquerdistas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Álvarez de Miranda, Sarah (2002). Melquíades Álvarez, mi padre. Oviedo: ed. Nobel. ISBN 84-8459-111-5.
  • García Venero, Maximiano (1974). Melquiades Álvarez. Historia de un Liberal (2ª ed. ampliada). Madrid: Ediciones Tebas. ISBN 84-7273-057-3.
  • Oliveros, Antonio L. (1989). Asturias en el resurgimiento español. Gijón: Silverio Cañada editor. ISBN 84-7286-282-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]