José del Moral Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José del Moral Sanjurjo
José del Moral Sanjurjo 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacemento1881
 A Coruña
Falecemento1936
 Paracuellos de Jarama
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

José del Moral Sanjurjo, nado na Coruña en 1881 e finado en Paracuellos de Jarama (Madrid) en 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Fillo do tamén político e deputado Antonio del Moral López. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1907, polo de Corcubión en 1910, sendo reelixido polo mesmo distrito en 1914, 1916 e 1918; volveu ser elixido polo distrito da Coruña en 1919, 1920 e 1923. Foi Director Xeral da Débeda e Clases Pasivas. Durante a Segunda República continuou coa súa actividade política, nas eleccións xerais de 1933 saíu elixido deputado pola provincia da Coruña como independente de dereitas. Volveu presentarse ás eleccións xerais de 1936 como independente, pero non saíu elixido.

Morreu asasinado vítima das matanzas de Paracuellos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]