Eleccións xerais de España de 1996

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 3 de marzo de 1996, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por sétima vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o PSOE, liderado por Felipe González, sufriu un forte descenso en escanos, propiciando así a subida do PP, liderado por José María Aznar, que conseguiu a súa primeira maioría simple.

  • Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:

Eleccións Xerais 3 de marzo de 1996

Partido Votos % Escanos Dif.
Partido Popular (PP) 9,716,006 38.79 156 +15
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 9,425,678 37.63 141 -18
Esquerda Unida (IU) 2,639,774 10.54 21 +3
Convergència i Unió (CiU) 1,151,633 4.60 16 -1
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 318,951 1.27 5 =
Coalición Canaria (CC) 220,418 0.88 4 =
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 220,147 0.88 2 +2
Herri Batasuna (HB) 181,304 0.72 2 =
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 167,641 0.67 1 =
Eusko Alkartasuna (EA) 115,861 0.46 1 =
Unió Valenciana (UV) 91,465 0.37 1 =

As eleccións en cifras[editar | editar a fonte]

Partidos maioritarios por provincias nas Eleccións Xerais de 1996

O 14 de marzo estaban inscritos no censo electoral 32 531 833 persoas, das cales un 77,38% votou, e un 22,62% abstívose.

  • Outras cifras
    Votos válidos: 99,5%
    Votos nulos: 0,5%
    Votos a candidaturas: 99,03%
    Votos brancos: 0,97