Luis de Zulueta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis de Zulueta
LluísdeZulueta.jpg
Nacemento8 de abril de 1878
 Barcelona
Falecemento2 de agosto de 1964
 Nova York
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade Complutense de Madrid
Ocupacióndiplomático, escritor, pedagogo, profesor e político
CónxuxeAmparo Cebrián
IrmánsAntoni de Zulueta i Escolano
editar datos en Wikidata ]

Luis de Zulueta Escolano, nado en Barcelona o 8 de abril de 1878 e finado en Nova York o 2 de agosto 1964, foi un escritor, mestre e político catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras estudar en Barcelona, Berlín e París, doutorouse en Filosofía na Universidade Central de Madrid en 1910, despois iniciou unha fugaz actividade como mestre e catedrático de Historia da Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio que abandonou para dedicarse á política ao ser elixido, como membro do Partido Republicano Reformista, deputado a Cortes por Barcelona na eleccións de 1910.

Político[editar | editar a fonte]

Foi elixido novamente deputado pola circunscrición de Madrid en 1919. Nas eleccións de 1920 presentouse polo distrito de Redondela co apoio dos agrarios, pero foi derrotado por José Barreras Massó. Volveu presentarse polo distrito de Redondela en 1923, obtendo a acta.

Na Segunda República foi elixido deputado por Badaxoz nas eleccións de 1931. Foi nomeado ministro de Estado no goberno que presidiu Manuel Azaña entre o 16 de decembro de 1931 e o 12 de xullo do 1933.

Embaixador en Berlín entre 1933 e 1934 pasou, en 1936, a representar o goberno da II República ante a Santa Sede pero no inicio da guerra civil e o recoñecemento por parte do Vaticano do goberno e do xeneral Franco, impulsárono a exiliarse en Colombia para despois pasar aos Estados Unidos onde permaneceu até a súa morte en 1964.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La democracia educadora (1905)[1]
  • El alma de la escuela (1910)[1]
  • El maestro (1914)[1]
  • La edad heroica (1916)[1]
  • El ideal de la educación (1921)[1]
  • La nueva edad heroica (1942)[1]
  • El rapto de América (1952)[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Procesos de nacionalización en la España contemporánea, Mariano Esteban de Vega, 2010, Universidade de Salamanca.
  2. Ficha en Google Books

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]