Julio Wais Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Julio Wais San Martín")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Wais Sanmartín
Julio Wais Sanmartín 1920.jpg
Nacemento29 de agosto de 1878
 A Coruña
Falecemento16 de abril de 1954
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Julio Wais Sanmartín, nado na Coruña o 28 de agosto de 1878 e finado en Madrid o 16 de abril de 1954[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito en Santiago e doutorouse en Madrid. Comezou a exercer a avogacía na súa cidade natal para trasladarse posteriormente a Madrid.

A carreira política iniciouna, na facción de Augusto González Besada, no Partido Conservador. Posteriormente pasouse á facción de Eduardo Dato. Ao morrer o deputado polo distrito electoral de Pontedeume José Lombardero, foi elixido deputado por este distrito en 1913 nunhas eleccións parciais. Continuou representando ao distrito en Cortes durante cinco lexislaturas ata 1923.

No seu labor parlamentario destacouse por loitar para que se rebaixasen os dereitos arancelarios do millo, moi prexudiciais para o labrego galego. Outras xestións súas son a concesión da carruaxe do correo para Ares e Mugardos, a construción da escola de Boebre, a reparación das igrexas de Centroña, Boebre e Ombre, a construción por parte do Estado do muro de contención da alameda de Raxoi en Pontedeume e os traballos para a transformación en pavillón escolar do edificio que ocupaba o hospital-asilo, tamén en Pontedeume. Por estas dúas últimas xestións, o concello de Pontedeume adicoulle unha rúa, a actual avenida da Coruña, en 1921.

Foi Director Xeral de Rexistros de Notarios (1917), Subsecretario do Ministerio de Gobernación (1920), Ministro de Graza e Xustiza do 7 de xullo ao 14 de agosto de (1921), Ministro de Economía Nacional do 3 de febreiro ao 20 de agosto de 1930 con Dámaso Berenguer, cesando neste ministerio para ocupar a carteira de Facenda ata o 18 de febreiro de 1931) co mesmo presidente.

Julio Wais Sanmartín no seu despacho en 1932.
Predecesor:
Vicente de Piniés Pío
Ministro de Graza e Xustiza
1921
Sucesor:
José Francos Rodríguez
Predecesor:
Manuel Argüelles Argüelles
Ministro de Economía Nacional
1930
Sucesor:
Luis Rodríguez de Viguri
Predecesor:
Manuel Argüelles Argüelles
Ministro de Facenda
1930 - 1931
Sucesor:
Juan Ventosa Calvell
Predecesor:
José Lombardero Franco
Deputado por Pontedeume
1912 - 1923
Sucesor:
Desaparece cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]