Carlos González Besada
Aparencia
(Redirección desde «Carlos González Besada y Giráldez»)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Carlos González-Besada Giráldez valor descoñecido Tui |
| Morte | 6 de xaneiro de 1946 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, diplomático, político |
| Familia | |
| Pai | Augusto González Besada |
Carlos González Besada Giráldez, nado en Tui e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1946, foi un avogado, diplomático e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Augusto González Besada. Foi Vicecónsul de España en París. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo en 1919. Continuou como deputado por Lugo nas eleccións de 1920, e foi elixido deputado polo distrito de Monforte nas eleccións de 1923. Foi cónsul de España en Matanzas, Porto Alegre e Bogotá. Herdou o título de Marqués de González Besada á morte da súa nai Carolina Giráldez en 1940. Finou en Madrid o 6 de xaneiro de 1946.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 10-1-1946, p. 5.