Manuel García Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel García Prieto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1859 Editar o valor em Wikidata
Astorga, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
President of the Institut de Droit International (en) Traducir
1934 – 1936
President of the Institut de Droit International (en) Traducir
1932 – 1934
Ministro de Graza e Xustiza
18 de febreiro de 1931 – 14 de abril de 1931
← Joaquín de Montes Jovellar (en) TraducirFernando de los Ríos (pt) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
7 de decembro de 1922 – 15 de setembro de 1923
← José Sánchez GuerraMiguel Primo de Rivera →
Ministro de Fomento de España
9 de novembro de 1918 – 5 de decembro de 1918
← Francesc CambóJosé Gómez-Acebo (pt) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
9 de novembro de 1918 – 5 de decembro de 1918
← Antonio MauraÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
Ministro de Gobernación
22 de marzo de 1918 – 9 de novembro de 1918
← José Bahamonde y de Lanz (en) TraducirLuis Silvela y Casado (en) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
3 de novembro de 1917 – 22 de marzo de 1918
← Eduardo Dato IradierAntonio Maura →
Ministro de Estado de España
3 de novembro de 1917 – 22 de marzo de 1918
← Salvador Bermúdez de Castro O'Lawlor (pt) TraducirEduardo Dato Iradier →
Presidente do Consello de Ministros
20 de abril de 1917 – 11 de xuño de 1917
← Álvaro de Figueroa Torres-MendietaEduardo Dato Iradier →
Deputado no Congreso dos Deputados
2 de maio de 1914 – 14 de maio de 1914
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
2 de maio de 1914 – 12 de febreiro de 1915
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Presidente do Consello de Ministros
12 de novembro de 1912 – 15 de novembro de 1912
← José Canalejas MéndezÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
Ministro de Estado de España
3 de abril de 1911 – 31 de decembro de 1912
← Manuel García PrietoJuan Navarro Reverter (pt) Traducir →
Ministro de Estado de España
2 de xaneiro de 1911 – 3 de abril de 1911
← Manuel García PrietoManuel García Prieto →
Senador de España
1911 – 1914
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de maio de 1910 – 6 de marzo de 1911
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Ministro de Estado de España
9 de febreiro de 1910 – 2 de xaneiro de 1911
← Juan Pérez Caballero y Ferrer (pt) TraducirManuel García Prieto →
Deputado no Congreso dos Deputados
29 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Ministro de Fomento de España
6 de xullo de 1906 – 30 de novembro de 1906
← Rafael Gasset ChinchillaRafael Gasset Chinchilla →
Ministro de Graza e Xustiza
1 de decembro de 1905 – 10 de xuño de 1906
← Pío Gullón IglesiasJosé María Celleruelo y Poviones (en) Traducir →
Ministro de Gobernación
31 de outubro de 1905 – 1 de decembro de 1905
← Manuel García PrietoÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
Deputado no Congreso dos Deputados
18 de setembro de 1905 – 30 de marzo de 1907
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Ministro de Gobernación
23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905
← Augusto González BesadaManuel García Prieto →
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de maio de 1903 – 17 de agosto de 1905
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
25 de maio de 1901 – 27 de marzo de 1903
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
6 de xuño de 1899 – 24 de abril de 1901
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
3 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
19 de abril de 1896 – 26 de febreiro de 1898
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
13 de marzo de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de febreiro de 1888 – 29 de decembro de 1890
← Pío Gullón Iglesias
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto San Isidro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , político , avogado , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarquisate of Alhucemas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEugenio Montero Ríos (xenro)
Eduardo Vincenti (concunhado (pt) Traducir)
Benito Calderón Ozores (concunhado (pt) Traducir)
Manuel Gullón García-Prieto (en) Traducir (fillo da irmá) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Manuel García Prieto, nado en Astorga (provincia de León) en 1859 e finado en Donostia o 8 de marzo de 1938,[1] foi un político español. Ocupou o cargo de Presidente do Goberno de España en 1912, 1917 (dúas veces), 1918 e 1922. Como membro da familia sanguínea e política de Eugenio Montero Ríos desempeñou un papel de primeira orde na política galega e española das dúas primeiras décadas do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rematados os estudos de Dereito, foi fiscal municipal do Xulgado de Madrid e ingresou no Corpo Xurídico Militar, aínda que permaneceu nel pouco tempo. Formouse no bufete de Montero Ríos, de quen foi xenro. Nas filas do Partido Liberal foi elixido deputado por Astorga en 1887, e despois da man de seu sogro por Santiago de Compostela en 1893. Sería deputado por este distrito durante vinte anos ata que finalmente pasou ó Senado.

En 1897 foi nomeado director xeral do contencioso do Estado e máis tarde subsecretario de Ultramar. En 1905 foi ministro de Gobernación no goberno de Montero Ríos e, ese mesmo ano, de Graza e Xustiza con Segismundo Moret. Deste último ministerio dimitiu ó considerar submisa a postura de Moret en relación co estamento militar.

En 1906 ocupou a carteira de Fomento baixo o goberno do xeneral José López Domínguez e en 1910, a de Estado baixo a presidencia de Canalejas. No desempeño deste cargo conseguiu un éxito notable en política internacional asinando un tratado hispano-marroquí en 1911, negociando con Francia sobre Marrocos en 1912 e logrando que as repúblicas hispanoamericanas tivesen representación no Tribunal Internacional de Xustiza da Haia. Polas súas xestións na preparación do tratado que permitiu a creación do protectorado de Marrocos foi nomeado marqués de Alhucemas.

Cando o 12 de novembro de 1912 asasinaron a Canalejas, García Prieto ocuparía durante dous días a presidencia do Consello de Ministros. Ó se escindir o Partido Liberal en 1913, converteríase no líder do Partido Liberal Democrático,[2] a facción política herdeira de Sagasta que se opoñía a do Conde de Romanones.

Caricatura da revista Gedeón (18-01-1912), feita por Moya.

Foi designado presidente do Senado en 1914 e en 1917, como consecuencia da crise producida polas Xuntas de Defensa, formou un goberno do que moi en breve se vería obrigado a dimitir. En xullo de 1917 acadou o liderado do Partido Liberal, e en novembro presidiu o primeiro goberno de concentración da monarquía afonsina tras desencadearse a crise de outubro no goberno de Eduardo Dato. En maio de 1918 unha nova crise conduciría a Antonio Maura ó poder desempeñando García Prieto a carteira de Gobernación.

O 9 de novembro dese mesmo ano formou goberno de novo ata decembro, cando o Proxecto da Mancomunidade fixo caer o gabinete. Tras o desastre de Annual, aínda dirixiu en 1922 o último goberno constitucional da monarquía. Tentou sen éxito deter o golpe de Primo de Rivera do 13 de setembro de 1923 pero viuse obrigado a dimitir.

Durante a ditadura, estivo apartado da política, mantendo unha morna oposición ó réxime. Retornaría para formar parte do derradeiro goberno da monarquía de Afonso XIII e ocupar a carteira de Xustiza e Culto, baixo a presidencia de Juan Bautista Aznar-Cabañas.

Na rede clientelar creada por Montero Ríos, García Prieto constitúe non só unha peza fundamental senón que, ademais, foi capaz de establecer unha segunda rede en íntima conexión coa do seu sogro. Ó tempo que asumiu o caciquismo e o poder herdados do político de Lourizán, García Prieto gozou de certo prestixio en medios agrarios galegos pola súa posición redencionista no problema dos foros. Aínda que na súa política sempre tivo en conta o movemento agrario, o seu prestixio entre os agraristas iría a menos a medida que o movemento se foi radicalizando.

Após a proclamación da Segunda República retirouse da vida pública. Faleceu en Donostia o 8 de marzo de 1938.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na web do Congreso dos Deputados aparece como data da morte o 15 de setembro.
  2. Pascual (1999), p. 113.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Editorial de la Torre. ISBN 84-7960-247-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Canalejas

Presidente do Consello de Ministros de España

1912 - 1912
Sucesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta
Predecesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta

Presidente do Consello de Ministros de España

1917 - 1917
Sucesor:
Eduardo Dato Iradier
Predecesor:
Eduardo Dato Iradier

Presidente do Consello de Ministros de España

1917 - 1918
Sucesor:
Antonio Maura Montaner
Predecesor:
Antonio Maura Montaner

Presidente do Consello de Ministros de España

1918 - 1918
Sucesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta
Predecesor:
José Sánchez Guerra

Presidente do Consello de Ministros de España

1922 - 1923
Sucesor:
Miguel Primo de Rivera