Eleccións xerais de España de 1986

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 22 de xuño de 1986, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por cuarta vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o goberno de Felipe González (PSOE) revalidou a súa maioría absoluta obtida en 1982 aínda que con 18 escanos menos. A Coalición Popular (agora Partido Popular) consolidouse como segunda forza política tras a desaparición da UCD.

Respecto as eleccións de 1982, o PSOE perde as provincias de Zamora e Guadalaxara, así como a cidade autónoma de Melilla, que pasan a Coalición Popular. Esta formación política á súa vez perde a de Ávila, onde o CDS de Adolfo Suárez obtén un apoio maioritario. O partido CiU arrebata Lleida ao PSOE.

  • Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:

Eleccións Xerais, 22 de xuño de 1986

Partido Votos % Escanos Dif.
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 8 901 718 44,06 184 -18
Coalición Popular (CP) 5 247 677 25,97 105 -2
Centro Democrático y Social (CDS) 1 861 912 9,22 19 +17
Convergència i Unió (CiU) 1 014 258 5,02 18 +6
Esquerda Unida (IU) 935.504 4,63 7 +3(*)
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 309.610 1,53 6 -2
Herri Batasuna (HB) 231.722 1,15 5 +3
Euskadiko Ezkerra (EE) 107.053 0,53 2 +1
Coalición Galega (CG) 79.972 0,4 1 +1
Partido Aragonés Regionalista (PAR) 73.004 0,36 1 +1
Agrupaciones Independientes de Canarias (AIC) 65.664 0,33 1 +1
Unió Valenciana (UV) 64.403 0,32 1 +1

(*) Tomando como base os escanos do Partido Comunista

As eleccións en cifras[editar | editar a fonte]

Partidos maioritarios por provincias nas Eleccións Xerais de 1986

O 22 de xuño estaban inscritos no censo electoral 29 117 613 persoas, das cales un 70,49% votou, e un 30,26% abstívose.

  • Outras cifras
    Votos válidos: 98,43%
    Votos nulos: 1,57%
    Votos a candidaturas: 99,4%
    Votos Brancos: 0,6%

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]