Métopa
Saltar ata a navegación
Saltar á procura

Fachada dianteira do Partenón
Unha métopa (μετόπη) é un elemento de composición da arquitectura grega clásica. Consiste nunha peza cadrada ou rectangular de pedra ou cerámica. Forma parte do friso dórico e está situada entre os tríglifos.
Nunha época arcaica as métopas acostumaban ser lisas. Na época clásica incorpórase ás métopas decoración a base de relevos policromados. Os seus temas eran variados e caracterizáronse polo feito de relatar sucesos históricos ou mitolóxicos. A súa función era, sobre todo, decorativa.
Na arquitectura romana clásica, as métopas adoitan estar decoradas con bucranios [1], rosas ou pratos. Posteriormente, na arquitectura románica, chámase métopa ao intervalo entre os modillóns.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ RAG: "Escultura que representa o cranio dun boi adornado con grilandas, utilizado na ornamentación de frisos, altares etc., na arquitectura clásica.".