Banco Popular Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo do Banco Popular Español.

O Banco Popular Español (BPE) é un banco español fundado en 1926, filial de Banco Santander dende xuño de 2017. A súa sede central é o edificio Abelias, situado no distrito de Hortaleza de Madrid.

O seu activo máis destacado é a posición de liderado no negocio das pequenas e medianas empresas españolas, onde copa un 18% de cota de mercado.[1][2][3][4]

A 31 de decembro de 2016, os activos de Banco Popular eran de 147.926 millóns de euros, sendo a sexta entidade financeira española por volume de activos. Esa mesma data, contaba con 1.739 oficinas, 11.948 empregados e 4,6 millóns de clientes.

Cotizaba na Bolsa de Madrid (POP) e formaba parte do IBEX 35 até o 7 de xuño de 2017, cando a CNMV suspendeu preventivamente a súa cotización, afectando a máis de 300.000 accionistas minoritarios e foi vendido polo FROB ó Banco Santander polo valor simbólico de 1 euro, sendo o primeiro banco intervido co MUR polas autoridades europeas.[5][6][7]

Banco Santander anunciou que o proceso de integración de Banco Popular duraría entre un ano e medio e dous anos.[8] En 2017, a entidade estaba a levar a cabo un Expediente de regulación de emprego (ERE).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Banco Un-Popular". Banco Popular also has a strong franchise in small-to-medium-sized business lending. 
  2. "Guindos: Banco Popular no tiene "problemas de solvencia ni de liquidez"". El Mundo (en castelán). Popular tiene una parte de su negocio centrado en pymes, un segmento en el que es una de las entidades con más presencia 
  3. "El Gobierno descarta inyectar dinero público en Banco Popular". Pese a todo, la nacionalizada Bankia sigue «muy interesada» en su negocio de pymes 
  4. "Popular, un banco líder entre las pymes españolas". Francisco José Baonza, aseguró que las pymes son «el núcleo en torno al que gira la actividad del banco con cerca de un 18% de cuota de mercado, según reflejan los últimos datos publicados por la Autoridad Bancaria Europea y del Banco Central Europeo». 
  5. "La CNMV suspende "cautelarmente" la cotización de Banco Popular". 
  6. "El Santander compra el Banco Popular por un euro ante su inviabilidad". El País (en castelán). 
  7. "Banco Popular, el primer banco intervenido por las autoridades europeas". El Mundo. Tras medio año navegando aguas imposibles, Monte del Paschi di Siena ha evitado el dudoso honor de ser el primer banco intervenido por la Unión Europea 
  8. "La integración del Banco Popular en el Banco Santander se realizará en un máximo de dos años". ABC (en castelán). 
  9. El ERE del Popular propuesto por el Santander afectará a 58 centros y sucursales ElConfidencial.com (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]