Saltar ao contido

Dag Hammarskjöld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDag Hammarskjöld

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Dag Hammarskjöld Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Jönköping, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Ndola (Federação da Rodésia e Niassalândia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente ou incidente de aviación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio vello de Uppsala, Kvarter: 16 Gravplats: 0834C (1961–) 59°51′20″N 17°37′34″L / 59.855478, 17.626053 Editar o valor en Wikidata
Seat 17 of the Swedish Academy (en) Traducir
20 de decembro de 1954 – 17 de setembro de 1961
← Hjalmar Hammarskjöld (pt) TraducirErik Lindegren (en) Traducir →
Secretariado das Nacións Unidas
10 de abril de 1953 – 18 de setembro de 1961
← Trygve LieU Thant →
Ministro do Comércio Exterior da Suécia (pt) Traducir
6 de febreiro de 1951 – 8 de abril de 1953
← sen valor – Supresión do cargo →
Gabinete ministerial: Erlander I Cabinet (en) Traducir, Erlander II Cabinet (en) Traducir
Secretario de Estado
1936 – 1945 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala (1923–)
Universidade de Estocolmo
Q64438163 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, diplomacia e movimento pacifista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, poeta, escritor, economista, diplomático, filósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU
Ministério das Finanças da Suécia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresHildur Akselsson (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHammarskjöld family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisHjalmar Hammarskjöld Editar o valor en Wikidata  e Agnes Maria Carolina Almquist Editar o valor en Wikidata
IrmánsÅke Hammarskjöld
Bo Hammarskjöld
Sten Hammarskjöld Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
The Royal Descents of 600 Immigrants to the American Colonies or the United States (2004) (en) Traducir, (p.23) Editar o valor en Wikidata
Páxina webdaghammarskjold.se Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0358389 BNE: XX1202674 iTunes: 1231425588 Musicbrainz: a82ca9af-fc48-40e0-8601-3339da2d127a WikiTree: Hammarskjöld-3 Find a Grave: 6074 Editar o valor en Wikidata

Dag Hjalmar Agne Carl Hammarskjöld, nado en Jönköping o 29 de xullo de 1905 e finado en Ndola (Federación de Rodesia e Nyasalandia) o 18 de setembro de 1961, foi un diplomático e economista sueco, Secretaría Xeral da Organización das Nacións Unidas dende abril de 1953 ata o seu falecemento ao estrelarse o avión en que viaxaba para mediar na crise do Congo. Semanas despois recibiu a título póstumo o premio Nobel da Paz.

Hammarskjöld está considerado un dos dous mellores secretarios xerais das Nacións Unidas,[1] e o seu mandato considérase un dos maiores éxitos da ONU.[2] O presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy denominou a Hammarskjöld "o maior home de estado do noso século".[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa natal de Hammarskjöld en Jönköping

Dag Hammarskjöld naceu en Jönköping na nobre familia Hammarskjöld (tamén escrito Hammarskiöld ou Hammarsköld). Pasou a maior parte da súa infancia en Uppsala. O seu fogar alí era o castelo de Uppsala. Foi o cuarto e máis novo fillo de Hjalmar Hammarskjöld, primeiro ministro de Suecia entre 1914 e 1917,[4] e Agnes Hammarskjöld (née Almquist).

Hammarskjöld estudou primeiro en Katedralskolan e despois na Universidade de Uppsala. En 1930, obtivera graos en filosofía e leis. Antes de rematar o seu grao en leis, xa lograra un traballo como secretario axudante do comité de desemprego.[5]

Con 31 anos, pouco despois de obter o seu doutoramento en economía política, foi nomeado subsecretario permanente do Ministerio de Finanzas de Suecia, e en 1945 conselleiro no Gabinete Ministerial en Asuntos Económicos e Financeiros. Nese cargo organizou distintos proxectos gobernamentais para os problemas económicos que xurdían a consecuencia da segunda guerra mundial e o período de posguerra. Catro anos máis tarde foi designado secretario xeral na Oficina de Asuntos Exteriores, e en 1951 uniuse ao gabinete sueco como ministro sen carteira, levando os problemas económicos e de cooperación económica con países en vías de desenvolvemento.

Hammarskjöld foi elixido secretario xeral das Nacións Unidas pola Asemblea Xeral o 7 de abril de 1953.[6] En setembro de 1957, saíu reelixido por unanimidade para desempeñar o cargo durante outros cinco anos.[7] Á fronte das Nacións Unidas sempre destacou como un pacifista, aumentando os esforzos para evitar guerras, e así cumprir un dos obxectivos da Carta das Nacións Unidas.

Durante o seu mandato, intentou suavizar as relacións entre Israel e os estados árabes. Outros puntos fundamentais foron a visita á República Popular da China para negociar a liberación de once pilotos estadounidenses capturados durante a guerra de Corea,[4] o establecemento en 1956 da Forza de Urxencia das Nacións Unidas e a súa intervención na crise de Suez (1956). Algúns historiadores recoñéceno por permitir a participación da Santa Sé nas Nacións Unidas ese mesmo ano.[8]

Seguindo as medidas ditadas polo Consello de Seguridade, as Forzas de Paz da ONU foron despregadas no Congo a principios da década de 1960. Hammarskjöld viaxou a ese país en catro ocasións para coñecer in situ o traballo dos "Cascos Azuis". Na cuarta viaxe, o avión que o levaba á misión de traballo da ONU estrelouse, falecendo todos os pasaxeiros. En 2017, algunhas investigacións apuntaron a que o avión puido ser derribado por outro.[9]

Trala morte de Hammarskjöld atopáronse varios cadernos con poemas escritos por el. Esta poesía existencial foi publicada máis adiante, consistindo a maior parte en haikus.[10]

Dag Hammarskjöld recibiu o premio Nobel da Paz de forma póstuma en 1961.

A biblioteca Dag Hammarskjöld, que forma parte do edificio das Nacións Unidas, recibiu o seu nome o 16 de novembro de 1961. Próximo ao edificio está o parque público chamado Dag Hammarskjöld Plaza.[11]

É conmemorado como pacifista no calendario dos santos da Igrexa evanxélica luterana nos Estados Unidos de América cada 18 de setembro.


Predecesor:
Trygve Lie
 
Secretario Xeral das Nacións Unidas
 
1953-1961
Sucesor:
U Thant
  1. "Next U.N. secretary general - The Japan Times".  Este artigo menciona a Kofi Annan como o outro.
  2. "How Not to Select the Best UN Secretary-General". 28 de outubro de 2015. 
  3. Linnér, S (2007). "Dag Hammarskjöld and the Congo crisis, 1960–61" (PDF). Uppsala University. p. 28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Sze, Szeming (decembro de 1986). Working for the United Nations: 1948-1968 (Digital ed.). Pittsburgh: Universidade de Pittsburgh. p. 20. Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  5. "Biography, at Dag Hammerskjoldse". Daghammarskjold.se. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2013. 
  6. Heller 2001, p. 15.
  7. Heller 2001, p. 21.
  8. "Holy See's Presence in the International Organizations". Vatican.va. 22 de abril de 2002. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2013. 
  9. "El enigma de la muerte del secretario general de la ONU en 1961 está más cerca de desvelarse". eldiario.es (en castelán). Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  10. Poema de Dag Hammarskjöld
  11. "Neighborhood News". New York magazine. 14 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Durel, Bernard, op, (2002), «Au jardin secret d'un diplomate suédois: Jalons de Dag Hammarskjöld, un itinéraire spirituel», La Vie Spirituelle (París). T. 82, pp. 901–922.
  • Goodwin, Ralph R., ed. (1979). United Nations Affairs. Foreign Relations of the United States, 1952–1954. Volume III. Washington: United States Government Printing Office. 
  • Heller, Peter B. (2001). The United Nations under Dag Hammarskjold, 1953-1961. Scarecrow Press. ISBN 9781461702092. 
  • Lichello, Robert (1972) "Dag Hammarskjold: A Giant in Diplomacy." Samhar Press, Charlotteville, N.Y. ISBN 978-0-87157-501-2.
  • Lipsey, Roger (2013). Hammarskjöld: A Life (illustrated ed.). University of Michigan Press. ISBN 9780472118908. 
  • Urquhart, Brian, (1972), Hammarskjold. Alfred A. Knopf, Nova York.
  • Velocci, Giovanni, cssr, (1998), «Hammarskjold Dag», in Luigi Borriello, ocd – Edmondo Caruana, ocarm – Maria Rosaria Del Genio – N. Suffi (dirs.), Dizionario di mistica. Libreria Editrice Vaticana, Cidade do Vaticano, pp. 624–626.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]