Jönköping
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Suecia | |||
| Condado | condado de Jönköping | |||
| Concello | Concello de Jönköping | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 103.032 (2023) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 4.981 ha | |||
| Altitude | 104 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | jonkoping.se | |||
Jönköping é unha cidade e un municipio sueco situada un 350 km ao suroeste de Estocolmo na beira sur do lago Vättern. Jönköping é a capital de provincia de Jönköping e está situada na provincia histórica Småland.
A municipalidade de Jönköping
[editar | editar a fonte]O municipio de Jönköping (en sueco Jönköpings kommun) está conformado por tres cidades: Jönköping, Huskvarna e Gränna, os terreos circundantes e a illa Visingsö. O municipio de Jönköping ten 121.000 habitantes. Huskvarna está situada preto de Jönköping. Alí están situadas fábricas de máquinas de coser e motoserras.
Hai sete cidades irmás de Jönköping: Svendborg e Slagelse en Dinamarca, Bodø en Noruega, Kuopio e Valkeakoski en Finlandia, Lääne-Viru en Estonia e Tianjin na China.
A cidade de Jönköping
[editar | editar a fonte]A cidade de Jönköping ten 85.000 habitantes. Hai moitas igrexas. As igrexas maiores son a igrexa Sofia no oeste, e a igrexa Kristina ao leste do centro. Hai unha escola superior, un hospital e algúns museos. Hai dous lagos menores, Munksjön e Rocksjön.
No leste de cidade hai un estadio cuberto, propiedade do equipo de hóckey sobre xeo HV71. O estadio chámase Kinnarps Area.
Persoas famosas de Jönköping son:
- John Bauer, debuxante, pintor
- Amy Diamond, cantante
- Agnetha Fältskog, ABBA
- Dag Hammarskjöld, Xeral de Nacións Unidas
- Nina Persson, The Cardigans
- Viktor Rydberg, escritor
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jönköping |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en sueco)
